Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2019. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas 2019. Amosar todas as publicacións

17.5.19

"EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA NA BIBLIOTECA"

Durante esta semana os alumnos-as do cole dos distintos cursos acudiron á Biblioteca para ver a Exposición Etnográfica, que como homenaxe a Antonio Fraguas, montamos cos distintos obxectos que aportaron os nenos-as e as súas familias e os-as mestres-as do cole.
MOITAS GRAZAS DE NOVO POLA SÚA AXUDA PARA PODER FACER ESTA EXPOSICIÓN.



12.5.19

"LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS"

Este ano adícase o Día das Letras Galegas ao profesor pontevedrés Antón Fraguas Fraguas.



Antonio Fraguas Fraguas destacou como investigador nos campos da historia, da etnografía e do folclore, entre outros. O seu traballo está recollido en numerosas publicacións, fundamentalmente como colaboración en revistas ou obras colectivas. En todo caso, tamén publicou un considerable número de monografías, entre as que podemos sinalar, a título de exemplo, as seguintes:

  • Geografía de Galicia (1953)
  • Historia del Colegio de Fonseca (1956). Tese de doutoramento
  • Aportacións ó cancioneiro de Cotobade (1985)
  • Romarías e santuarios (1988)
  • Do Entroido (1994)
  • A festa popular en Galicia (1995)


Dende a Biblioteca recomendamos para os nosos alumnos-as as seguintes lecturas de Antón Fraguas:


Aquí vos deixo un enlace moi interesante da páxina A Primavera das Letras no que podedes aprender moitas cousas sobre o seu traballo e a súa vida. Pica aquí

E como homenaxe a unha das súas principais facetas, montamos unha Exposición especial Etnográfica con motivo do Día das Letras Galegas 2019 na nosa Biblio.
Non vos esquezades de visitala!!!!