21.12.21

BO NADAL E FELIZ 2022!!!



"CONCURSO POSTAIS DE NADAL 2021"

Aquí están os Gañadores e Finalistas do Concurso de Postais de Nadal deste ano recibindo os seus premios. Parabéns a todos e todas e tamén a todos os participantes!!!!!!



"RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2021"

Como cada Nadal, dende o Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística, queremos deixarvos as nosas Recomendacións Lectoras para incluílas nas vosas cartas ao Apalpador, Reis Magos ou Papá Noel.


31.10.21

"VISITAS POLO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS"

Durante esta semana quixemos que todos os alumn@s de Primaria do noso cole visitaran a Biblio de IRVI para lembrar que hai uns días celebrabamos o Día Internacional das Bibliotecas




24.10.21

"DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS"

Como cada 24 de outubro, hoxe celebramos o "Día Internacional das Bibliotecas". Pinchando na seguinte imaxe podedes acceder a información sobre esta conmemoración.



E, nesta interesante reportaxe coñecemos algunhas das Bibliotecas máis importantes e fermosas destruídas ao longo da historia.

BIBLIOTECAS DESTRUÍDAS AO LONGO DA HISTORIA

21.10.21

"COMEZAMOS A VIAXE!"

Xa comezaron a visitar as casas de todos os alumnos e alumnas do noso cole as "Mochilas Viaxeiras", cargadas de aventuras dende a Biblio de IRVI. Así de contentos marcharon os máis pequenos de Educación infantil, cargados con elas.





18.10.21

“DÍA DAS ESCRITORAS 2021”

 O día 18 de outubro conmemoramos o Día das Escritoras. Dende a Biblio de IRVI queremos destacar especialmente a obra das escritoras galegas e, nos diferentes cursos, durante este trimestre traballarase sobre algunhas delas. Aquí deixamos un fermoso documento sobre esta conmemoración, elaborado por Bibliotecas Escolares de Galicia, no que destacan algúns dos textos que forman parte da obra literaria dalgunhas destas escritoras.





E, na nosa Biblioteca xa temos preparada unha exposición con libros de diferentes escritoras, para que as profes e os profes poidan levar para as súas aulas.




7.10.21

"MOCHILAS VIAXEIRAS 21-22"

 Xa están preparadas!!! 

Mañá comezan as mochilas viaxeiras a visitar as casas de todos os nenos e nenas de Ed. Primaria do noso cole. Saen dende a Biblio de IRVI cheas de aventuras e diversión para facer gozar aos nosos pequen@s-grandes lector@s.



E, moi pronto, dentro duns poucos días tamén comezarán a viaxar ás casas dos máis peques de Ed. Infantil.



9.6.21

"MULLERES GALEGAS IMPRESCINDIBLES DO NOSO TEMPO"

En 6º de Ed. Primaria levaron a cabo unha fermosa actividade na que coñeceron e aprenderon as historia das 

"Mulleres Galegas imprescindibles do noso tempo"



3.6.21

"NOVAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DOS ALUMN@S DE 5º"

Xa rematou o mes de maio e os nenos e nenas de 5º queren deixarnos as recomendacións dos seus libros favoritos. Pinchade na seguinte imaxe e tomade nota para as vosas lecturas nas vindeiras vacacións de verán.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE IRVI



"UNHA HISTORIA QUE CONTAR"

Alumnas e alumnos de 5ºC elaboraron un fantástico caderno de relatos curtos inventados por eles mesmos. 

Parabéns por este marabilloso traballo.





Lola Ferreiro, alumna de 5ºC, escribiu o conto "OSI E A SÚA NAI", e quixo contarllo aos nenos e nenas de Ed. Infantil.


Ismael Cid, alumno tamén de 5ºC, escribiu outro conto: O NENO PIANISTA, que quere compartir con todos os seguidores e seguidoras do noso blogue.

"CARTAS AO DIRECTOR"

En 5º levaron a cabo unha actividade na asignatura de "lengua" baseada nas "Cartas ao Director" dos xornais. 





22.5.21

"A BIBLIO CONCIENCIA"

Este curso dende a Biblio de IRVI,  seguimos co proxecto "A BIBLIO CONCIENCIA". Con el quixemos implicar a todo o noso centro, dende Educación Infantil ata 6º curso de Primaria. 

Comenzamos polos profes. Ao longo do curso, varias mestras do noso cole tamén aprendemos para logo ensinar aos nos@s alumnos e alumnas.



Durante este mes de maio, montamos a nosa exposición de libros de ciencia na Biblio de IRVI.



Os alumnos e alumnas de Ed. Primaria acudiron este mes á Biblioteca para desenvolver os obradoiros de ciencia:  descubrir, investigar, experimentar. 

Por que non se misturan as cores dos caramelos en auga?; xogar coa plastilina e circuitos eléctricos: por que se ilumina?; como conseguimos que se forme unha estrela con varios palillos sen tocalos coa man?

1º EDUCACIÓN PRIMARIA


2º EDUCACIÓN PRIMARIA






3º EDUCACIÓN PRIMARIA






Máis circuitos eléctricos en 3º 



E, tamén en 3º, quixeron explicarnos por que non cae a auga dunha botella ao xirala a través do debuxo dun porquiño. Todo grazas á forza centrípeta.


E, finalmente, levaron a galaxia á súa aula.





4º EDUCACIÓN PRIMARIA




5º EDUCACIÓN PRIMARIA





6º EDUCACIÓN PRIMARIA








Ao longo desta semana, alumnos e alumnas de varios cursos de Ed. Primaria participaron en GALICIENCIA.




Os alumnos e alumnas de Educación Infantil, tamén se implicaron neste proxecto durante todo o curso.
Queredes saber que experimentaron os nos@s pequen@s científic@s????👦👧🔬

"A BIBLIO CONCIENCIA EN EDUCACIÓN INFANTIL. O XABÓN É PODEROSO"

Ao comenzo deste curso cheo de incertezas, pero con moitas gañas de volver ao cole, os nenos e nenas de Ed. Infantil, sabían que para previr a COVID-19 era fundamental lavarse moi ben as mans con xabón. E, para comprendelo, fixeron o seguinte experimento: "O XABÓN DESTRÚE O VIRUS".




"A BIBLIO CONCIENCIA EN EDUCACIÓN INFANTIL: FABRICAMOS NEVE ARTIFICIAL"

Cando chegou o inverno, aínda que en Ourense non tivemos neve, en Infantil Irmáns Villar non quixemos renunciar á sensación de tocala aínda que fose artificial.



"A BIBLIO CONCIENCIA:4º EDUCACIÓN INFANTIL, DENDE A PREHISTORIA ATA O MUNDO MODERNO"

Os peques de 4º de Ed. Infantil, aprendendo sobre a Prehistoria, tentaron imaxinar como conseguiron naquela época inventar a roda.



E tamén experimentaron coas novas tecnoloxías como a luz negra e os rotuladores fluorescentes.





"A BIBLIO CONCIENCIA EN EDUCACIÓN INFANTIL CONMEMORA O DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA"

E, por suposto, os alumn@s de Educación Infantil celebraron o Día da muller e a nena na ciencia o 11 de febreiro.




Como os alumn@s de Primaria fixeron un arco da vella con caramelos de cores.




E experimentaron co que provoca a electricidade estática, xogando cun globo.





"A BIBLIO CONCIENCIA EN EDUCACIÓN INFANTIL: FLORES DE TODAS AS CORES"

E, por fin, coa chegada da primavera tentamos converter flores brancas en flores doutras cores.



 





17.5.21

"LETRAS GALEGAS 2021: DÁLLE Á LINGUA"

Non hai mellor homenaxe ás Letras Galegas e a Xela Arias que coas fermosas palabras do noso idioma escollidas polas nosas alumnas e alulmnos. Moitas grazas ás familias que colaboraron para a realización desta actividade.

Dálle á lingua!!!

EDUCACIÓN INFANTIL



EDUCACIÓN PRIMARIA


SAMUEL, de 5ºB de Ed. Infantil, é un exemplo de amor á nosa lingua, como amosa neste vídeo no que nos ensina todo o que sabe sobre grúas.



E LOLA FERREIRO, de 5ºC de Ed. Primaria, elaborou un bonito conto en galego que quixo contarlle aos alumn@s de Ed. Infantil durante esta semana.









"CONTACONTOS BENXAMÍN"

Nova actividade de animación á lectura en colaboración coa Editorial Xerais no noso cole. Un contacontos a cargo de BENXAMÍN, que ademais de contarnos bonitas historias, fai unhas fantásticas ilustracións das mesmas cos seus debuxos.




11.5.21

"CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021"

Xa estamos en plena celebración do Día das LETRAS GALEGAS 2021, este ano adicado á escritora XELA ARIAS. Hoxe tivemos un gran concerto a cargo de Paco Cerdeira, PAKOLAS, que nos levou a través do tempo coas súas cancións. Estivo acompañado da magnífica ilustradora LAURA ROMERO. Que ben o pasamos!!!!!




9.5.21

"PUBLICACIÓN POESÍAS ORIXINAIS I CERTAME POESÍA IRVI 2021"

Aquí están todas as poesías orixinais, inventadas polo alumnado de Primaria, que foron presentadas ao I Certame de Poesía IRVI. Parabens a tod@s polo seu traballo e moitas grazas por participar. O Curso que ven esperamos outra vez aos nos@s pequen@s  grandes poetas.



I CERTAME POESÍA IRVI

5.5.21

"ENTREGA PREMIOS I CERTAME BANDA DESEÑADA IRVI"

Por fin chegou o día e os gañadores do I Certame de Banda Deseñada IRVI, recibiron os seus merecidos premios.

PARABENS CARLOTA, SARA E ISAAC E SEGUIDE ESCRIBINDO!!!!



"ANIMACIÓN Á LECTURA: VISITA DE ANXO MOURE"

Hoxe recibimos a visita de ANXO MOURE, contador de historias que fixo gozar moito aos alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria. Moitas grazas!!!















29.4.21

"CHARLA SOBRE LIBROS DE XABIER DOMÍNGUEZ"

O escritor e editor Xabier Domínguez, deu unha nova charla sobre libros aos alumnos e alumnas de 4º de primaria na Biblio de IRVI.



"GAÑADORES I CONCURSO BANDA DESEÑADA IRVI"

Xa están decididos os gañadores do noso "I concurso de Banda Deseñada IRVI". Aquí están:


1º CICLO: CARLOTA FERNÁNDEZ LOSADA (2ºA)



2º CICLO: SARA VÁZQUEZ NOVOA (3ºB)




3º CICLO: ISAAC NOVOA MARTÍNEZ (6ºA)


Moi pronto serán entregados os premios aos gañadores e gañadoras na Biblio de IRVI.





22.4.21

"DÍA DO LIBRO 2021"

Chegou o 23 de abril, e, coma todos os anos, este día celebramos o DÍA DO LIBRO

Non hai mellor imaxe para conmemorar este día que cun libro na man, como estes alumnos do noso cole que quixeron disfrutar da lectura durante o recreo de hoxe.


E estas son algunhas das actividades que se fixeron no noso cole para festexar este día.


As alumnas e alumnos de 3ºA de Ed. Primaria fixeron este proxecto a partir do conto “Nicomedes, o pelado”, para conmemorar este día.



E explícannos que é para eles o pracer de ler:



Os alumnos e alumnas de 5º queren explicarnos neste vídeo que é para eles e elas un LIBRO.




O Profe de música do noso cole, Xabier Domínguez, como coautor dos libros da colección NATURIZO, deu unha charla aos alumn@s de 3º de Primaria na Biblioteca de IRVI.

Tamén os nenos e nenas de Educación Infantil, queren celebrar o DÍA DO LIBRO:




Samuel, de 5ºB de Ed. Infantil, sabe  moitas cousas sobre Tractores, e quérenolas contar con este libro tan chulo.




Por se non o sabedes aínda, aquí vos deixamos un vídeo de por que se celebra o Día do Libro nesta data.



E, que mellor forma de festexar este día que cunha boa lectura. 
As nenas e nenos de 5º ofrécennos novas Recomendacións dos seus libros favoritos para próximas lecturas.

ADRIÁN DOMÍNGUEZ (5ºC)

ÁGUEDA TEMES (5ºC)


ALBA FERREIRO (5ºC)

ANA GRANDE (5ºC)


AROA CARBALLO (5ºC)


ASIER PAREJO (5ºC)


ÉDER RODRÍGUEZ (5ºC)

HÉBER NOVOA (5ºC)


ISMAEL CID (5ºC)


JIMENA NOGUEIRA (5ºC)


LARA SMITH (5ºC)


LOLA FERREIRO (5ºC)


LUIS D. FERREIRA (5ºC)


PHILY GUEYE (5ºC)


RUBÉN BABARRO (5ºC)


UXÍA BLANCO (5ºC)



Pinchando na seguinte imaxe atoparedes máis recomendacións lectoras dos alumnos e alumnas do CEIP P. Irmáns Villar.


RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE IRVI

As mestras e mestres do CEIP IRMÁNS VILLAR, tamén queremos celebrar o DÍA DO LIBRO, mostrando algúns dos nosos libros favoritos.