23.12.23

"CONCURSO POSTAIS DE NADAL 2023"

Xa é clásico o noso Concurso de Postais de Nadal, no que cos gañadores e gañadoras,  queremos felicitar as Festas a toda a Comunidade Educativa do CEIP P. Irmáns Villar. Recibiron o aplauso e un merecido regalo na Festa do último día.

Parabéns aos gañador@s e finalistas!!!









17.12.23

"RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2023"

Como todos os anos nesta época, dende a Biblio de IRVI, queremos deixar as nosas recomendacións lectoras, para incluír nas cartas ao Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos. (Pinchando na imaxe poderes acceder a máis información de cada unha delas).



16.12.23

"OBRADOIROS DE NADAL NA BIBLIOTECA"

 De novo, este ano desfrutamos moito cos "Obradoiros de Nadal" na Biblio de Irvi. Durante as últimas dúas semanas os alumnos e alumnas de primaria acudiron á biblioteca no recreo para elaborar adornos de Nadal para levar ás súas casas. 



7.12.23

"NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS"

En novembro, os alumn@s de Infantil fixeron actividades para conmemorar que este mes se dedica á divulgación en galego da ciencia nas Bibliotecas escolares. Aquí amosamos o ben que o pasaron os máis peques, de 4º de Infantil.




19.11.23

3.11.23

"CONTOS DE MEDO POR SAMAÍN"

 Un ano máis, os alumnos e alumnas de Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de primaria desfrutaron durante estes días das sesións de "Contos de Medo por Samaín" na nosa Biblioteca, grazas ás contadas dos voluntarios e voluntarias da BiblioIRVI.



Contos de Medo BiblioIRVI



24.10.23

“DÍA DAS BIBLIOTECAS”

 24 de Outubro. Celebramos o Día das Bibliotecas e por iso, as nosas Mochilas Viaxeiras, repartidas polos nos@s voluntari@s, comezaron esta semana a visitar as casas dos nosos alumnos e alumnas de todas as clases.

 FELIZ VIAXE!!





21.10.23

“VOLUNTARIOS BIBLIOIRVI 23-24”

Xa temos este curso aos nos@s voluntari@s list@s e che@s de ilusión para axudar a IRVI na nosa biblioteca. 

BENVID@s!!!!!






25.9.23

"OBRADOIROS PARA VOLUNTARIOS BIBLIOIRVI"

Grazas ao traballo dos nosos voluntari@s na Biblio de IRVI, o curso pasado fomos premiados polas Bibliotecas Escolares de Galicia. Este premio consistía na participación e desfrute de dous obradoiros moi divertidos e didácticos nos que os VOLUNTARI@S participaron a pasada semana dirixidos por CHARO PITA e ROI GUITIÁN.


OBRADOIRO LECTURA AUDIOVISUAL. BOOKTRAILERS
obradoiro de TEATRO LIDO

26.6.23

"ATA SETEMBRO!"

 






"TELECOCIÑA"

Agora, que chegaron as vacacións, os alumnos e alumnas de 5ºB queren compartir con nós algunhas das súas receitas favoritas para que practiquemos na casa. Pincha na imaxe e poderás acceder aos diferentes vídeos.

Este é o TELECOCIÑA DO IRMÁNS VILLAR




19.6.23

"AS FAMILIAS CONTAN: EIRA E UXÍA"

 Recibimos a visita de EIRA e a súa nai UXÍA, para rematar por este curso a actividade "As familias contan". Esperámosvos o vindeiro curso.

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR COMPARTIR CON NÓS OS SEUS LIBROS FAVORITOS!!



14.6.23

"DESPEDIMOS AOS NOSOS VOLUNTARI@S"

Durante este curso pasamos a formar parte das Bibliotecas Solidarias en gran medida grazas ao esforzo dos nosos voluntarios e voluntarias. Estes días despedímonos deles ata o vindeiro curso e quixemos agradecerlle o seu traballo cun pequeno agasallo.

Voluntarios BiblioIRVI 2022-2023

E, tamén lle entregamos o Diploma acreditativo da súa participación no Programa de Bibliotecas Solidarias durante o curso 22/23.


26.5.23

"VISITA XABIER DOMÍNGUEZ"

Esta semana foron os alumnos de 5º e 6º de Primaria os que puideron desfrutar da visita do escritor e mestre Xabier Domínguez, que veu comentar con eles e elas o seu libro "Maxia de Pedra", proposto dende a Biblioteca nas Recomendacións Literarias do Nadal, e que leron tamén no colexio, e tamén lles contou moitas cousas interesantes máis da súa faceta de escritor e editor.


VISITA XABIER

12.5.23

"AS FAMILIAS CONTAN: SANDRA, HUGO E CHLOÉ"

Esta semana a "Profe" Sandra participou na actividade "As familias Contan". Xunto cos seus fill@s Hugo e Chloé, de 3º de Primaria e 5º de Infantil, fíxonos desfrutar coa narración dos contos "Voy a comedte" e "Pápote a bicos". 


As familias contan: Sandra, Chloé e Hugo

10.5.23

"VISITA ÉRICA ESMORÍS"

O alumnado de 3º e 4º desfrutaron este martes da visita da escritora ÉRICA ESMORÍS, coa que comentaron o seu libro Patio de Luces, que leron durante este curso e falaron de moitas outras anécdotas e historias relacionadas co seu traballo de escritora. 


Visita Érica Esmorís

26.4.23

"AS FAMILIAS CONTAN: GALA E ANABEL"

Os alumnos e alumnas de Infantil desfrutaron esta mañá dunha nova sesión de Contacontos a cargo das familias. Foron GALA e a súa mamá ANABEL, as que nos contaron dous dos seus contos favoritos: A que sabe a lúa? e O Monstruo Rosa.


31.3.23

"RECOMENDACIÓNS LECTORAS ALUMN@S 5ºB MARZO 2023"

Os alumnos e alumnas de 5ºB seguen recomendándonos os seus libros favoritos. Aquí vos deixamos as recomendacións deste mes de marzo.



"SEGUIMOS FORMÁNDONOS: ENCONTRO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA"

Encántanos seguir aprendendo para mellorar a nosa Biblioteca. Por iso, un membro do noso equipo acudiu a Santiago ao Encontro de Bibliotecas Escolares de Galicia.



26.3.23

"20 DE MARZO, DÍA DA NARRACIÓN ORAL"

O alumnado de 5º e 6º voluntario na nosa Biblioteca, quixeron contribuír á celebración do Día da Narración Oral contándolle pequenas historias e contos aos seus compañeiros de Infantil e Primaria.



21.3.23

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

 O día 21 de Marzo de cada ano celebramos o Día Internacional da Poesía. Os alumnos e alumnas de 6ºB de INFANTIL, quixeron recitarnos unha fermosa poesía para felicitarnos neste día.



E, dende a Biblioteca de IRVI, queremos invitarvos a participar no III CERTAME POÉTICO IRVI. Aquí vos deixamos as bases. 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!





12.3.23

"AS FAMILIAS CONTAN: SENA E LETICIA"

Os alumn@s de Educación Infantil tiveron unha nova sesión de contacontos dentro da actividade "As familias Contan". Neste caso foron Sena e a súa nai, Leticia, as que nos contaron un dos seus contos favoritos: "Pelo de Nube".


"@S NOS@S ESCRITORES"

Xa temos preparado o noso expositor coas obras literarios que os nosos alumnos e alumnas escribiron durante estes cursos. 👏👏👏👏👏👏👏👏



6.3.23

"A BIBLIO CONCIENCIA"

Durante toda esta semana os alumnos e alumnas de todas as clases de Infantil e Primaria acudiron á biblioteca para levar a cabo a actividade "A Biblio CONciencia", para conmemorar que no mes de febreiro celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Desfrutamos e aprendemos moito levando a cabo diferentes experimentos.




23.2.23

"DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023"

Hoxe 23 de Febreiro, celebramos o Día da nosa escritora máis universal, ROSALÍA DE CASTRO, e os alumnos e alumnas do noso colexio quixeron homenaxeala recitando algúns dos seus marabillosos poemas.






12.2.23

"AS FAMILIAS CONTAN: SULA E ANTONIO"

Esta semana recibimos a visita de ANTONIO, pai de SULA  de 6ºA de Ed. Infantil nunha nova sesión da actividade "As familias Contan" cos contos "El increíble niño Comelibros" e "Estamos aquí".



1.2.23

"FEBREIRO, MES DA MULLER E A NENA NA CIENCIA"

Comezamos o mes de Febreiro, e neste mes, o día 11, é cando conmemoramos o "DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA". Por iso, vos deixamos este Genially, IRVICIENTÍFICAS, no que podedes coñecer a historia e o labor dalgunhas das científicas máis importantes de Galicia.

"RECOMENDACIÓNS LECTORAS ALUMN@S 5ºB XANEIRO 2023"

Os alumn@s de 5ºB ofrécennos unha nova serie de recomendacións dos seus libros favoritos.



"IRVIDOIRO: BIBLIOTECA CREATIVA"

Por fin temos en pleno funcionamento o IRVIDOIRO, a Biblioteca Creativa do noso colexio, dentro da nosa BIBLIOIRVI.



22.1.23

"SOMOS BIBLIOTECA SOLIDARIA"

Durante este curso a nosa biblioteca pasou a formar parte do Programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Como parte deste programa, os nosos voluntarios e voluntarias tiveron que firmar un Acordo de colaboración coa nosa Biblioteca. Moitas grazas a todos e todas!!