27.12.20


 

"RECOMENDACIÓNS DE NADAL DA BIBLIO DE IRVI"

Como todos os cursos por estas datas, queremos ofrecervos as nosas recomendacións de libros para pedir aos Reis Magos, a Papá Noel ou ao Apalpador este Nadal.

"CONCURSO DE RELATOS DE NADAL"

Dende a Biblio de Irvi, este Nadal propuxemos un "Concurso de Relatos de Nadal" para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria. Aquí están os tres que foron seleccionados como gañadores:


20.12.20

"PRESENTACIÓN LIBRO LA CLASE DE 1º Y EL PIRATA KIKO"

A profesora Isabel Bugallo, que estivo o curso pasado no noso cole, presentou o libro infantil "La clase de 1º y el pirata Kiko", acompañada dos alumnos-as do CEIP Irmáns Villar que este curso están en 2º A e que inspiraron, a través do seu traballo, este bonito conto durante o tempo de confinamento o curso pasado. PARABENS!!!


Isabel Bugallo (Entrevista en xornal La Región)


13.12.20

"FACENDO LUCES DE NADAL"

Nuns dos obradoiros que se fixeron nos recreos na Biblio de Irvi o curso pasado, elaboramos Luces para o Nadal. Este curso, por desgracia, non podemos telos debido ao protocolo contra o COVID. Pero aquí vos deixamos este vídeo-titorial feito polas nenas e nenos que participaron o decembro pasado. Animádevos a probar a facelas na casa

É moi fácil e divertido!!! 













3.12.20

"CONTOS DE NADAL"

Pinchando na seguinte imaxe poderedes acceder a un enlace con varios "Contos de Nadal" en vídeo.

"Contos de Nadal"


27.11.20

"XUNTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Como cada 25 de Novembro, tod@s xunt@s dicimos BASTA!! á violencia de xénero.



Os alumn@s de 6º A e B ilustraron cos seus debuxos o conto de PEPUKA, creado por Estela Moreno Bermúdez.


23.11.20

"RINCÓN DE LIBROS DO PROFE XABIER"

Xa temos na nosa Biblio de Irvi, a colección de NATURIZO, os libros escritos polo noso profe de música XABIER.





"20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S"

O 20 de novembro quedou instaurado pola organización UNICEF como o DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS. Para lembrar estes dereitos, aquí vos deixamos este bonito vídeo de Mafalda cos debuxos do inesquecible QUINO.



18.11.20

4.11.20

"MÁIS NOVIDADES NA BIBLIO DE IRVI"

Xa temos no noso expositor da Biblio de Irvi máis novidades para levar a casa. Entre elas, un lugar especial para o libro que escribiu o noso profe de música, Xabier.



29.10.20

"SAMAÍN 2020"

 Así está a nosa Biblio preparada para os "Contos de Medo" deste curso.



Este curso non podemos recibir a visita de todos os nenos e nenas na Biblio para escoitar os Contacontos de Medo dos alumn@s de 6º, pero eses contos si que se verán nas diferentes aulas do noso cole a través dos vídeos que estamos gravando estes días.

O ESQUELETO

A ARAÑA QUE LLES TIÑA MEDO ÁS ARAÑAS


A MOMIA



CORRE, CORRE CABACIÑA



O ZOMBI

A BRUXA REGAÑADENTES



E, por suposto, xa temos preparada na Biblio de IRVI a nosa exposición de "Lecturas Terroríficas" para celebrar lendo o SAMAÍN. Durante esta semana e a próxima poderedes levar para casa algún destes libros para pasalo "de medo".







22.10.20

"EU RECOMENDO..."

Inauguramos esta nova sección do noso blogue, coa recomendación de Mateo Rúa de 6ºB. Por suposto que a teremos en conta para a Biblio de Irvi.


18.10.20

XA ESTAMOS LISTOS!!!!

A Biblio de Irvi xa está lista para que os nosos pequenos lectores e lectoras leven os seus libros favoritos para casa. 

FELIZ VIAXE CHEO DE AVENTURAS E DESCUBRIMENTOS!!! 





4.10.20

"ATA SEMPRE QUINO!"

Esta semana deixounos o gran humorista gráfico arxentino QUINO, creador da marabillosa MAFALDA. (Pincha na imaxe para ler información sobre el)

QUINO, AUTOR DE MAFALDA


E para que vos divirtades, aquí vos deixamos un enlace para que leades as historias de Mafalda. Pinchade nos libros que están nas estanterías e poderedes acceder a eles.



21.6.20

"ATA SEMPRE"

Despedimos con moita pena e con moito agradecemento aos nos@s AXUDANTES da BIBLIO DE IRVI, que a partir de setembro iniciarán un novo camiño no Instituto. 
MOITAS GRAZAS E MOITA SORTE!!!
💓💓💓💓💓


E non esquezades ler este verán. Os libros son unha gran compañia para as vacacións.


Lembrade que dende o Concello de Ourense hai un campaña na que regalan a cada neno e nena un libro para este verán. Aquí vos deixamos a información.


FELICES VACACIÓNS E BOAS LECTURAS!!!

12.6.20

"RESISTIRÉ"

MATEO RÚA, de 5º B, quixo compartir con todos nós a súa versión tocando o saxofón do tema "Resistiré", que tanto nos animou durante este tempo de confinamento na casa. Encantounos!!!!! Por suposto que TODO VAI SAÍR BEN!
MOITAS GRAZAS MATEO!!!! 👌💓🌈🌈



29.5.20

"SON POETA PORQUE ME SAE DA MALETA"

"Son poeta porque me sae da maleta" é un traballo dos alumn@s de 4º A e B de Ed. Primaria. Con el, queren darlle o valor que merece ao noso idioma a través da poesía e, tamén, como medio para expresar os seus sentimentos. 

Moitas grazas por este fermoso traballo!!!!


20.5.20

"VÍDEOS LETRAS GALEGAS 2020 ALUMN@ CEIP IRMÁNS VILLAR"

O alumnado do noso cole, durante estes días elaboraron un traballo a partir das súas palabras ou expresións favoritas do noso idioma. 

Vídeo dos alumn@s de 6º de Ed. Primaria


Vídeo dos alumn@ de 5º de Ed. Primaria.


Vídeo dos alumn@s de 4º de Ed. Primaria




18.5.20

"A BIBLIO conCIENCIA"

Despois da marabillosa resposta que déchedes á celebración do DÍA DO LIBRO, presentámosvos un novo RETO



Antes do confinamento na casa polo Coronavirus, Leire e Anxo de 4º B xa amosaron no colexio as súas dotes como pequenos-as experimentadores.







Aquí tedes algúns libros e documentos que vos servirán de información para levar a cabo este RETO:

Experimentamos a partir do conto "A que sabe a Lúa?".Este é un precioso proxecto a partir do que poderedes experimentar co sentido do gusto e con diferentes procedementos de medir.


Leer más publicaciones en Calaméo


Aquí tedes un pequeno resumo dalgúns experimentos sinxelos para facer na casa.




Os alumnos e alumnas de 5º A e 5º B fixeron uns bonitos traballos sobre a ciencia: GALEGAS CIENTÍFICAS e INVENTOS ESPAÑOIS




Leer más publicaciones en Calaméo


E xa comezamos a recibir os primeiro vídeos dos nosos e nosas pequenos e pequenas "Científicos-as", facendo os seus experimentos. QUE DIVERTIDOS!!! Animádevos todos e todas a experimentar coa ciencia coma eles e elas.

ROI (6º B) - POR QUE RECUPERA O CLIP A FORMA?


CARLA SABÍN (6º B) - ENCHER UN VASO BOCA ABAIXO


UXÍA (1ºB) - O GLOBO ÍNFLASE SÓ


MARA (1ºB) - LÁMPADA DE LAVA



ÉRIC SAETA (1º B) - INFLAMOS O GLOBO SEN SOPRAR


MATEO RÚA (5º B) - VER O SON


SERGIO RÚA (3º A) - A VAPORIZACIÓN



NOA ULLA (6º B) - LÁMINAS PARALELAS


PABLO BALSA (6º B) - QUE PASA CO OVO?
1ª PARTE


2ª PARTE (DESPOIS DE 48 HORAS)...


ANDRÉ (6ºA) - É MAXIA? NON É CIENCIA


ARTAI (6º A) - CULTIVO DE BACTERIAS EN XELATINA


BRAIS (6º A) - FROTA O OVO OU NON?



CLARA (6º A) - COMO SE FORMA A CHOIVA?



ISABELLA (6º A) - POR QUE UN OVO FROTA E O OUTRO NON?




LARA PRIETO (6º A) - 1º EXPERIMENTO: POR QUE UN OVO FROTA E O OUTRO NON?



LARA PRIETO (6º A) - 2º EXPERIMENTO: A MENSAXE OCULTA



NAIRA (6º A) - POR QUE É TAN IMPORTANTE LAVAR AS MANS CONTRA O CORONAVIRUS



ANA MOURONTE (5º A) - TINTA INVISIBLE



CARLA TUBÍO (5º B) - O OVO QUE FROTA




MAIA (5º B) E VERA (5º A ED. INFANTIL) - LEITE DE CORES



ALICIA QUINTAIROS (5º A) - CRISTAIS DE AZUCRE 1ª PARTE
Teremos que esperar unha semana para ver o resultado. TIC-TAC, TIC-TAC...



ÁLVARO (5º A) - LÍQUIDO OU SÓLIDO?



ROI (6º B) - 2º EXPERIMENTO: OUTRA FORMA DE APAGAR UNHA CANDEA



ALBA (6º B) - EXPERIMENTO DA BOLSIÑA DE INFUSIÓN COHETE



XIANA (6º A) - EXPERIMENTO DAS PANTASMAS ESPUMOSAS



LUCÍA FERNÁNDEZ (6º A) - EXPERIMENTO DO OVO QUE FROTA
1ª PARTE




2ª PARTE



3ª PARTE



4ª PARTE



ANTONIO BARREAL (3º A) - EXPERIMENTO QUE EXPLICA COMO SE LAVA A ROUPA



IRENE (5º B) - EXPERIMENTO DA AGULLA E O BONECO



MARTIÑO (5º B) - AUGA QUE NON CAE, A PRESIÓN ATMOSFÉRICA



FÉLIX (6º A) - EXPERIMENTO DE PRODUCIÓN DE GAS


LUCÍA (6º A) - A REFRACCIÓN DA LUZ


SAMUEL PÉREZ (5º A) - REACCIÓN COLORANTE EN AUGA QUENTE OU FRÍA



Traballo final dos alumn@as de 4º B de reflexión, experimentación con sons e creación de instrumentos a partir do conto O FLAUTISTA DE HAMELÍN. Quedou fantástico.  Parabéns!!! 


Tamén as nosas profes queren mostrarvos os seus propios experimentos como a "Profe Iria" que nos explica que é o LÍQUIDO NON NEWTONIANO


15.5.20

"LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO"

Facemos unha paréntese no noso traballo como científic@s, facendo eses marabillosos experimentos que nos estades mandando, para lembrar que este domingo, día 17 de MAIO, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, neste ano adicado a RICARDO CARVALHO CALERO.

O escritor, filólogo e lingüísta Ricardo Carvalho Calero naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.







E, aínda que este ano, debido ás actuais circunstancias, celebrarémolo todos xunt@s no mes do outubro no cole, non queremos deixar pasar esta data tan importante e por iso, deixámosvos esta bonita montaxe interactiva onde poderedes atopar moitas actividades, vídeos e información sobre o autor conmemorado este ano 2020. E tamén, outra montaxe, na que pasando diferentes probas ao final resolveredes a pregunta secreta.


2.5.20

"PEQUEN@S XORNALISTAS ENTREVISTAN AO CORONAVIRUS"

A profe Celia de 4º B propúxolle aos seus alumn@s que imaxinaran ser xornalistas e puidesen entrevistar ao personaxe máis famoso neste momento O CORONAVIRUS

ISMAEL E PAULA atrevéronse con este reto. Este é o resultado.



Agora son ANXO e ÉDER  os encargados de entrevistar a MR. CORONAVIRUS.




Tamén Sara e Leire quixeron facerlle unhas preguntiñas ao CORONAVIRUS, a ver se nos aclara un pouco esta situación na que estamos:




22.4.20

"DÍA DO LIBRO EN CORENTENA"

Xa chega o Día do Libro. Como cada 23 de abril, en todo o mundo celebramos este día con entusiasmo. Nesta ocasión, polas circunstancias nas que estamos, por desgracia non o podemos celebrar no noso cole, pero iso non é excusa para non disfrutar deste día. Xa sabemos que na casa, hai moitos nenos e nenas que están disfrutando especialmente da lectura neste tempo no que non poden saír á rúa, e iso, ao Equipo da Biblioteca do cole Irmáns Villar encántanos. 
Para celebrar este día, pedímoslle aos Axudantes da Biblio de IRVI, que nos enviasen vídeos coas súas recomendacións dos seus libros favoritos. 
Aquí están as de Noa Ulla, Carla Sabín, Roi, Adrián Insua e Breixo:










Ademais, tamén nos quixeron contar algún dos seus contos favoritos.

Roi, quíxonos contar unha das historias da "Rata Luisa".



Carla Sabín, leunos "Donde hay un oso, seguro que hay un problema"




Noa Ulla, narrounos a fábula de "La liebre y la tortuga"



Adrián Insua e a súa irmá Carla cóntannos con títeres o conto "Caperucita descolorida"






Ademais, moitos alumnos-as do cole quixeron sumarse a esta celebración contando os seus contos favoritos. Estamos encantados coa vosa resposta. Sodes marabillosos!!!!

VERA de 5º A de Ed. Infantil, MAIA, de 5º B de Primaria, e a súa nai ELENA, contáronnos unha fermosa historia a través dos títulos dalgúns dos seus libros favoritos.




Roi explícanos a través do Teatro de sombras que significa para el a lectura. Que bonito!!!



E os "padriños/madriñas" non se esquecen dos seus "afillados e afilladas" neste día, e queren agasallalos coa lectura dun conto ❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️❤️:

JIMENA


MANUEL


RUBÉN


ISMAEL


SARA CILLEROS



PAULA



HILENA



SARA VÁZQUEZ



NICOL E SARAI



ANXO



ADRIÁN




E, por suposto, as profes e os profes de IRMÁNS VILLAR tamén celebramos o DÍA DO LIBRO lendo.
"OS PROFES TAMÉN LEN"





MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!