29.12.22

"FELICES FESTAS"

Dende o Equipo de Biblioteca do CEIP P. Irmáns Villar desexámosvos que pasedes unhas moi Felices Festas cheas de marabillosas lecturas.



"RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2022"

Como todos os anos, por esta época, dende o Equipo de Biblioteca do noso colexio queremos ofrecervos algunhas recomendacións para que non vos esquezades de incluír algún libro nas vosas cartas e peticións de agasallos ao Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos.

"GAÑADORES CONCURSO POSTAIS DE NADAL 2022"

Durante o Festival de Nadal, entregáronse os premios aos gañadores-as e finalistas do Concurso de Postais de Nadal 2022.

PARABENS A TODOS E TODAS!!



"VOLUNTARI@S BIBLIOIRVI 22/23"

De novo a nosa Biblioteca se enche de aficionad@s á lectura durante os recreos e, tamén, volveron os nos@s Voluntari@s da Biblio de IRVI. Este curso estamos moi satisfeitas, xa que comezamos a formar parte do programa "Bibliotecas Escolares Solidarias".  A súa axuda é fundamental para que a nosa Biblioteca funcione perfectamente.




16.12.22

"AS FAMILIAS CONTAN: BEATRIZ E ARIADNA"

 Esta semana gozamos co contacontos BEATRIZ, nai de ARIADNA de 4ºA de Ed. Infantil e dous dos seus contos favoritos: "Un día de neve" e "A veces mamá tiene truenos en la cabeza". Fantásticas!



6.12.22

"AS FAMILIAS CONTAN": MARTA E ANXO

Por fin, despois dos últimos cursos obrigados pola situación sanitaria, retomamos a actividade "As familias contan". Nesta ocasión foi Marta, nai de Anxo de 4ºA de Ed. Infantil, a que visitou o noso colexio para contarnos dous dos seus contos favoritos: A Cebra Camila e A Eiruguiña comellona.