21.3.21

"CÓMICS PARA APRENDER SOBRE CONSUMO SEGURO"

Nestes dous cómics en PDF, a través dos personaxes Consumiño e Consumiña, podedes aprender pautas para a compra segura en internet e tamén, sobre os Xoguetes seguros.


14.3.21

"PIONEIRAS GALEGAS"

 Conmemorando o Día da Muller, as alumnas e alumnos de 6ºA fixeron este traballo sobre algunhas das mulleres galegas que destacaron ao longo da historia en diferentes ámbitos: "Pioneiras Galegas"


11.3.21

"DÍA DA POESÍA 2021"

 Xa estamos preparando a conmemoración do Día da Poesía, o 21 de Marzo. Así que xa temos preparada a nosa Exposición de Libros de Poesía tanto en Galego como en Castelán, e, moitos máis nas estanterías adicadas á Poesía na Biblio de Irvi.


E, para celebrar intensamente este día, imos facer no noso cole a través da Biblio de Irvi, dúas fantásticas actividades:

O Primeiro Certame Poético IRVI. Aquí tendes as bases para poder participar:



E un Recital de Poesía IRVI, na nosa Biblioteca. Tamén vos deixamos as bases:


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!

5.3.21

"CONTACONTOS MITOLÓXICOS SOBRE A ORIXE DO UNIVERSO"

Alumnas e alumnos de 5º de Primaria gravaron contacontos Mitolóxicos, con temática sobre A Orixe do Universo.

5ºA

Hilena


Leire





5ºC

Águeda Temes


Alba Ferreiro




Ana Grande


Aroa Carballo


Asier Parejo


Ismael Cid


Jimena Nogueira



Lola Ferreiro



Rubén Babarro


Uxía Blanco


Phily Gueye





2.3.21

"EXPOSICIÓN LIBROS NA BIBLIO DE IRVI PARA O DÍA DA MULLER"

Xa temos preparada a nosa exposición para conmemorar o Día Internacional da Muller o 8 de marzo. 


Dende o CEIP P. Irmáns Villar, queremos facer unha pequena homenaxe ás mulleres da nosa vida, con esta montaxe feita polo equipo de Dinamización Lingüística. Moitas grazas a tod@s os que colaboráchedes para facela.



Tod@s xuntas e xuntos, queremos deixar a nosa Pegada para alcanzar a igualdade real entre MULLERES E HOMES.