25.2.20

"VIVA O ENTROIDO"

Este entroido, dende os equipos de actividades extraescolares e o equipo de Biblioteca, propuxemos un concurso de disfraces con material de refugallo. O xurado tívoo moi complicado para elexir, pero aquí están os premiados. Tiveron como agasallo un bonito libro relacionado coas tradicións e costumes da nosa terra.

EDUCACIÓN INFANTIL:


EDUCACIÓN PRIMARIA

19.2.20

"DÍA DE ROSALÍA"

O 24 de febreiro,  celebramos o Día de Rosalía. Celebramos o 183 aniversario do seu nacemento. Como neste curso, estaremos disfrutando do Entroido, xa colocamos na Biblio de IRVI o noso particular homenaxe á nosa autora máis célebre con algunhas das súas obras que temos na nosa Biblio.


"CREANDO UN LAPBOOK"

A partir dunha idea do equipo da Biblio de Irvi os alumnos e alumnas de 5º B descubriron unha nova forma de aprender moitas cousas sobre os "5 SENTIDOS". Entre todos-as, xunto á súa titora, elaboraron un "lapbook"


12.2.20

"VISITA BIBLIOTECA PROVINCIAL DE OURENSE 5º DE PRIMARIA"

Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria visitaron as novas instalacións da Biblioteca Provincial de Ourense.


"VISITA BIBLIOTECA PÚBLICA DE OURENSE 5º DE PRIMARIA" by Slidely Photo Gallery

2.2.20

"ENCONTROS POLA PAZ"

Dende a Biblio de Irvi, organizamos durante esta semana encontros entre os Padriños/Madriñas e Afilladas/Afillados para celebrar o Día da Paz. Entre eles elaboraron as pombas que colocamos o día 30 na pista do noso cole.









"ENCONTROS POLA PAZ NA BIBLIO DE IRVI" by Slidely Slideshow