29.12.22

"FELICES FESTAS"

Dende o Equipo de Biblioteca do CEIP P. Irmáns Villar desexámosvos que pasedes unhas moi Felices Festas cheas de marabillosas lecturas.



"RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2022"

Como todos os anos, por esta época, dende o Equipo de Biblioteca do noso colexio queremos ofrecervos algunhas recomendacións para que non vos esquezades de incluír algún libro nas vosas cartas e peticións de agasallos ao Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos.

"GAÑADORES CONCURSO POSTAIS DE NADAL 2022"

Durante o Festival de Nadal, entregáronse os premios aos gañadores-as e finalistas do Concurso de Postais de Nadal 2022.

PARABENS A TODOS E TODAS!!



"VOLUNTARI@S BIBLIOIRVI 22/23"

De novo a nosa Biblioteca se enche de aficionad@s á lectura durante os recreos e, tamén, volveron os nos@s Voluntari@s da Biblio de IRVI. Este curso estamos moi satisfeitas, xa que comezamos a formar parte do programa "Bibliotecas Escolares Solidarias".  A súa axuda é fundamental para que a nosa Biblioteca funcione perfectamente.




16.12.22

"AS FAMILIAS CONTAN: BEATRIZ E ARIADNA"

 Esta semana gozamos co contacontos BEATRIZ, nai de ARIADNA de 4ºA de Ed. Infantil e dous dos seus contos favoritos: "Un día de neve" e "A veces mamá tiene truenos en la cabeza". Fantásticas!



6.12.22

"AS FAMILIAS CONTAN": MARTA E ANXO

Por fin, despois dos últimos cursos obrigados pola situación sanitaria, retomamos a actividade "As familias contan". Nesta ocasión foi Marta, nai de Anxo de 4ºA de Ed. Infantil, a que visitou o noso colexio para contarnos dous dos seus contos favoritos: A Cebra Camila e A Eiruguiña comellona.









27.11.22

"25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Como cada 25 de novembro, todos xuntos no patio, no CEIP P. IRMÁNS VILLAR quixemos demostrar o noso rexeitamento á violencia de xénero.

sara vázquez, de 5ºa, fixo e recitou unha fermosa poesía relacionada con este día.




14.11.22

"RECOMENDACIÓNS LECTORAS NOVEMBRO 2022"

Voltamos cunha das nosas actividades favoritas: As Recomendacións Lectoras dos nosos alumnos e alumnas. Neste caso son os nenos e nenas de 5ºB os que nos falan dalgúns dos seus libros favoritos para que vos animedes a  collelos na nosa Biblioteca.




"EXPOSICIÓNS TEMÁTICAS MES DE NOVEMBRO"

Xa temos preparadas as exposicións temáticas sobre o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas e o 25N: Día contra a violencia de xénero.


"NOVIDADES NOVEMBRO 2022"

Xa temos o noso expositor cheo de novidades dispostas a marchar para as casas dos nos@s "pequenos-grandes lector@s".



9.11.22

"UN PRECIOSO CONTACONTOS CON ASANOG"

Tivemos a sorte de recibir para os alumn@s de Educación Infantil a visita de ASANOG (Asociación de Axuda a Nen@s Oncolóxicos de Galicia). A través do conto de "Gasparín", Lucía e Spiderman Vigo nos explicaron un pouco máis da realidade destes nenos e nenas durante a súa enfermidade e, grazas a eles, todos xuntos celebramos que o noso alumno Super Daniel conseguiu vencer á enfermidade.

PARABENS!!!




6.11.22

"NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS"

Como todos os meses de novembro en todas as Bibliotecas de Galicia celebramos o Mes da Ciencia en Galego. Xa temos preparada na nosa Biblioteca a exposición con algúns dos libros que temos relacionados con este tema. E, ademais, deixámosvos este enlace para que poidades ver todas as actividades que se van facer na Biblioteca da nosa cidade.





2.11.22

"CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN NA BIBLIO DE IRVI"

Este curso, por fin puidemos volver a realizar na Biblio de IRVI a actividade de "Contos de Medo polo Samaín". Os alumnos e alumnas de  5 e 6º de primaria contáronlles contos aos seus compañeir@s de Ed. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. Fixérono de marabilla, PARABENS!!!!

















26.10.22

"COMEZA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS DA BIBLIO DE IRVI"

Este luns 24 de outubro, coincidindo coa celebración do Día das Bibliotecas, comezamos coa actividade das Mochilas Viaxeiras. Alumn@s de todos os grupos do noso cole marcharon moi content@s para casa coa mochila nas costas, desexando abrila para vivir as mil aventuras que contén nos seus libros.


"PRIMEIRO DÍA DE PRÉSTAMO PARA OS ALUMNO@S DE 6º DE INFANTIL"

Os  nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil apúntanse ao préstamo na Biblioteca de IRVI. Creando futuros GRANDES LECTORES. 



12.10.22

"PRIMEIRA EXPOSICIÓN DE NOVIDADES NA BIBLIO DE IRVI"

Hai un días xa comezamos o préstamo na  BIBLIO DE IRVI e agora empezan a chegar as novidades ao noso expositor para os nosos curiosos lectores. Estas son as do mes de Outubro.



10.10.22

“BUSCANDO AOS VOLUNTARI@S DA BIBLIO DE IRVI”

Este curso, despois da volta á normalidade na biblio tralas medidas anti COVID, retomamos unha das nosas actividades favoritas: formar os equipos de voluntari@s na biblioteca durante os recreos. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º tiñan moitas gañas de poder axudar a IRVI, así que xa podedes apuntaros na lista.





19.6.22

"CONTACONTOS SABELA GAGO 1º CICLO"

Xa cerca do final de curso recibimos no noso cole a visita da gran actriz e contadora de contos ourensá SABELA GAGO, que fixo gozar e divertirse a tope aos alumnos-as de 1º e 2º de Ed. Primaria.




5.6.22

"SESIÓN DE KAMISHIBAI 2º ED. PRIMARIA"

 Os alumn@s de 2º de Ed. primaria durante estas últimas semanas prepararon unha sesión de KAMISHIBAI. Esta palabra tan rara ven do xaponés, xa que nese país é moi popular esta forma de contar os contos. É como un "Teatro de papel".

Nesta ocasión quixeron compartilo cos nenos e nenas das clases de Ed. Infantil.



"CONTACONTOS BENXAMÍN"

Promovida pola Editorial Anaya e, como outra actividade de fomento da lectura,  recibimos na Biblioteca do noso colexio a visita do "Debuxante e contador de historias BENXAMÍN", para todos os alumnos e alumnas dende Ed. Infantil ata 4º de primaria.









29.5.22

"VISITA DE LEDICIA COSTAS AO NOSO COLE"

Por fin chegou o día no que tivemos a honra de recibir a visita da Gran e Exitosa escritora galega LEDICIA COSTAS,  autora de sagas como os "Minimortos", "A Señorita Bubble", libros como "Vampira de Biblioteca", "Escarlatina" ou "Conexión Macarrón", entre outros moitos. Había unha gran ilusión entre todos os mestr@s e alumn@s por vela e escoitala. Ledicia, con gran paciencia, respondeu a todas as preguntas dos nenos e nenas dende 1º a 6º de primaria e, tamén, firmou exemplares dos seus libros que tiñan os nosos alumn@s nas súas casas.

MOITAS GRAZAS LEDICIA. FOI UNHA HONRA E UN PRACER!!! 😍😍😍😍😍😍











23.5.22

"A MÁQUINA DOS CONTOS"

As titoras de 2º de Ed. Primaria realizaron unha atractiva actividade para fomentar nos seus alumn@s o gusto pola lectura e os libros: A MÁQUINA DOS CONTOS.


22.5.22

"CONTACONTOS UXÍA MORÁN"

Este venres tivemos un Contacontos a cargo de UXÍA MORÁN, para os alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º de Primaria, organizado polo Equipo da Biblioteca con motivo das celebracións polo Día do Libro 2022.






16.5.22

"NOVIDADE DE MAIO NA BIBLIO DE IRVI"

Xa están na nosa biblio as últimas novidades que chegaron de manga. Animádevos a collelas porque van marchar moi rápido para as casas dos nosos lectores e lectoras.


E, tamén, outras novas adquisicións para a nosa sección de CÓMIC da Biblio.



"CONTAMOS CONTOS"

Aínda que cun pouco de retraso debido a diferentes motivos, por fin chegou o día no que puidemos celebrar o Gran Contacontos no patio para conmemorar a festa do Día do Libro.

Varios alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria convertíronse en protagonistas destes contacontos. Preparáronos con moita ilusión, elaboraron materiais, ensaiaron durante varios días para que as súas compañeiras e compañeiros de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria gozaran moito con esta actividade. 

MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!!


CONTACONTOS ED. INFANTIL



CONTACONTOS ED. PRIMARIA




Ademais Lola Ferreiro Cámara de 6ºC fixo o seu propio conto titulado "Un aniversario máxico" que ademais de contarllo aos máis pequenos de Ed. Infantil, quere compartilo con todos nós.




27.4.22

"ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO 2022"

 


Aínda que este ano o Día do libro coincidiu en fin de semana, no noso cole seguimos a realizar actividades para a súa conmemoración durantes estes días.

Os alumn@s de Ed. Infantil visitaron por primeira vez a Biblioteca de IRVI. 

Os nenos e nenas de 5ºB de Ed. I.  primeiro elixiron algún conto para "ler" sentados nos diferentes recunchos da Biblio.


E, despois, fixeron un debuxo do libro que escolleron.




Ademais, CHLOE quixo contarlle un conto aos seus compañeir@s de clase. 👌😍😍


Os alumn@s de 6ºA de Ed. Inf.  tamén gozaron moito da súa primeira visita á biblioteca do cole.



En 5ºA de Ed. Infantil, fixeron uns libriños sobre os seus contos favoritos e como é para eles unha biblioteca.





Os alumnos e alumnas do 1º Ciclo de Ed. Primaria expoñen estes días na nosa Biblioteca o conto "ATÉ AS PRINCESAS SOLTAN PEIDOS" (traducido ao galego polo EDLG do noso colexio, e que ilustraron entre tod@s, a partir da celebración do Día Internacional da Muller. 

Pinchade na imaxe da súa portada e poderes lelo e ver o bonito que lles quedou.



21.4.22

"II CERTAME DE POESÍA"

Xa temos a resolución do "II CERTAME DE POESÍA" convocado dende a Biblio de IRVI, neste curso adicado a Rosalía de CastroE aquí están os gañadores. 

PARABENS A TODAS E TODOS!!!


E estes son os seus fantásticos traballos:


E, por suposto, queremos felicitar a tod@s os participantes no Certame polo seu esforzo e imaxinación. Moitas grazas por participar. Aquí está a mostra do seu traballo.

1.4.22

"DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL"

Hoxe 2 de abril celebramos o "Día Internacional do Libro Infantil". Pinchando na seguinte imaxe poderedes coñecer máis cousas da orixe desta conmemoración.




25.3.22

"ENCONTROS PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA"

Queremos seguir aprendendo e coñecer novas ideas para a nosa Biblio de IRVI. Hoxe asistindo aos "Encontros PLAMBE" en Santiago de Compostela.



17.3.22

"NOVA PLATAFORMA LECTURA DIXITAL"



Xa esta á vosa disposición  pinchando no seguinte enlace a: 

plataforma de lectura dixital ELBE2


Nela poderedes acceder a moitísimos libros de diferentes temáticas que poderedes descargar e ler en dispositivos móbiles. A continuación deixámosvos as instruccións para a súa utilización.

10.3.22

“RECOMENDACIÓN LECTORA”

Irene Santás de 3º B recoméndanos esta colección de libros ambientados en Exipto, que son novidade na nosa biblioteca, e que a ela gústanlle moito.



24.2.22

"RECITANDO A ROSALÍA"

Non hai mellor forma de homenaxear a Rosalía de Castro no seu día que recitando os seus poemas, sobre todo, facéndoo tan ben como os alumnos e alumnas de Educación Infantil do noso cole.

5ºA Educación Infantil



5ºB Educación Infantil



15.2.22

"ATENCIÓN, ATENCIÓN!!! ÚLTIMAS NOVAS EN IRMÁNS VILLAR"

Neste momento queremos lembrar unha das actividades con máis éxito do curso 20-21: OS TELEQUINTOS, onde os nenos e nenas de 5º, hoxe xa de 6º de primaria, quixeron amosarnos as súas dotes de xornalistas.


"TELEQUINTOS"


ÁGUEDA TEMES - 5ºC



ASIER PAREJO - 5ºC



ÉDER RODRÍGUEZ - 5ºC

ISMAEL CID - 5ºC


ANA GRANDE - 5ºC


JIMENA NOGUEIRA - 5ºC



AROA CARBALLO - 5ºC



LARA SMITH - 5ºC



LOLA E ALBA FERREIRO - 5ºC



RUBÉN BABARRO - 5ºC



UXÍA BLANCO - 5ºC



Agardamos que moi pronto nos cheguen máis novas nos "Telequintos".






"IRVI RECOMÉNDANOS: RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO ALUMNADO DE IRMÁNS VILLAR"

E, tamén, queremos lembrarvos algunhas das recomendacións lectoras dos nos@s alumn@s para que poidades coller na nosa Biblioteca.


Recomendacións Lectoras do 

mes de MAIO



Águeda Temes (5ºC)



Alba Ferreiro (5ºC)



Adrián Domínguez (5ºC)



Ana Grande (5ºC)



Aroa Carballo (5ºC)



Asier Parejo (5ºC)



Darius Ilie (5ºC)



Éder Rodríguez (5ºC)



Ismael Cid (5ºC)



Jimena Nogueira (5ºC)



Lara Smith (5ºC)



Lola Ferreiro (5ºC)



Phily Gueye (5ºC)



Rubén Babarro (5ºC)


Uxía Blanco (5ºC)










Recomendacións do mes de abril dos seus libros favoritos do alumnado de 5º de Primaria:

ADRIÁN DOMÍNGUEZ (5ºC)



ÁGUEDA TEMES (5ºC)



ALBA FERREIRO (5ºC)



ANA GRANDE (5ºC)


AROA CARBALLO (5ºC)



ASIER PAREJO (5ºC)



ÉDER RODRÍGUEZ (5ºC)



HÉBER NOVOA (5ºC)



ISMAEL CID (5ºC)


JIMENA NOGUEIRA (5ºC)


LARA SMITH (5ºC)


LOLA FERREIRO (5ºC)


LUIS D. FERREIRA (5ºC)


PHILY GUEYE (5ºC)



RUBÉN BABARRO (5ºC)



UXÍA BLANCO (5ºC)




RECOMENDACIÓNS LECTORAS MARZO 2021


LUCÍA (5ºA)



HILENA (5ºA)


ISAAC (5ºA)


KELVIN (5ºA)



KHAYRELT (5ºA)



ANXO (5ºA)



HILENA (5ºA)


LEIRE (5ºA)



LUCÍA (5ºA)



ISAAC (5ºA)




ÁGUEDA TEMES (5ºC)



ALBA FERREIRO (5ºC)



ANA GRANDE (5ºC)



AROA CARBALLO (5ºC)


ASIER PAREJO (5ºC)



ISMAEL CID (5ºC)



JIMENA NOGUEIRA (5ºC)



LARA SMITH (5ºC)



LOLA FERREIRO (5ºC)



RUBÉN BABARRO (5ºC)



UXÍA BLANCO (5ºC)



PHILY GUEYE (5ºC)



E, tamén, Mateo Rúa, de 6ºB, quere darnos a súa recomendación lectora:

Ademais, na seguinte páxina web poderedes ver recomendacións de moitos libros e recursos de literatura infantil e xuvenil e atopar  novas e atractivas lecturas.


LUPA DEL CUENTO


E na barra lateral, hai outras páxinas con máis recursos para a lectura.