22.5.21

"A BIBLIO CONCIENCIA"

Este curso dende a Biblio de IRVI,  seguimos co proxecto "A BIBLIO CONCIENCIA". Con el quixemos implicar a todo o noso centro, dende Educación Infantil ata 6º curso de Primaria. 

Comenzamos polos profes. Ao longo do curso, varias mestras do noso cole tamén aprendemos para logo ensinar aos nos@s alumnos e alumnas.



Durante este mes de maio, montamos a nosa exposición de libros de ciencia na Biblio de IRVI.



Os alumnos e alumnas de Ed. Primaria acudiron este mes á Biblioteca para desenvolver os obradoiros de ciencia:  descubrir, investigar, experimentar. 

Por que non se misturan as cores dos caramelos en auga?; xogar coa plastilina e circuitos eléctricos: por que se ilumina?; como conseguimos que se forme unha estrela con varios palillos sen tocalos coa man?

1º EDUCACIÓN PRIMARIA


2º EDUCACIÓN PRIMARIA






3º EDUCACIÓN PRIMARIA






Máis circuitos eléctricos en 3º 



E, tamén en 3º, quixeron explicarnos por que non cae a auga dunha botella ao xirala a través do debuxo dun porquiño. Todo grazas á forza centrípeta.


E, finalmente, levaron a galaxia á súa aula.





4º EDUCACIÓN PRIMARIA




5º EDUCACIÓN PRIMARIA





6º EDUCACIÓN PRIMARIA








Ao longo desta semana, alumnos e alumnas de varios cursos de Ed. Primaria participaron en GALICIENCIA.




Os alumnos e alumnas de Educación Infantil, tamén se implicaron neste proxecto durante todo o curso.
Queredes saber que experimentaron os nos@s pequen@s científic@s????👦👧🔬

"A BIBLIO CONCIENCIA EN EDUCACIÓN INFANTIL. O XABÓN É PODEROSO"

Ao comenzo deste curso cheo de incertezas, pero con moitas gañas de volver ao cole, os nenos e nenas de Ed. Infantil, sabían que para previr a COVID-19 era fundamental lavarse moi ben as mans con xabón. E, para comprendelo, fixeron o seguinte experimento: "O XABÓN DESTRÚE O VIRUS".




"A BIBLIO CONCIENCIA EN EDUCACIÓN INFANTIL: FABRICAMOS NEVE ARTIFICIAL"

Cando chegou o inverno, aínda que en Ourense non tivemos neve, en Infantil Irmáns Villar non quixemos renunciar á sensación de tocala aínda que fose artificial.



"A BIBLIO CONCIENCIA:4º EDUCACIÓN INFANTIL, DENDE A PREHISTORIA ATA O MUNDO MODERNO"

Os peques de 4º de Ed. Infantil, aprendendo sobre a Prehistoria, tentaron imaxinar como conseguiron naquela época inventar a roda.



E tamén experimentaron coas novas tecnoloxías como a luz negra e os rotuladores fluorescentes.





"A BIBLIO CONCIENCIA EN EDUCACIÓN INFANTIL CONMEMORA O DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA"

E, por suposto, os alumn@s de Educación Infantil celebraron o Día da muller e a nena na ciencia o 11 de febreiro.




Como os alumn@s de Primaria fixeron un arco da vella con caramelos de cores.




E experimentaron co que provoca a electricidade estática, xogando cun globo.





"A BIBLIO CONCIENCIA EN EDUCACIÓN INFANTIL: FLORES DE TODAS AS CORES"

E, por fin, coa chegada da primavera tentamos converter flores brancas en flores doutras cores.



 





17.5.21

"LETRAS GALEGAS 2021: DÁLLE Á LINGUA"

Non hai mellor homenaxe ás Letras Galegas e a Xela Arias que coas fermosas palabras do noso idioma escollidas polas nosas alumnas e alulmnos. Moitas grazas ás familias que colaboraron para a realización desta actividade.

Dálle á lingua!!!

EDUCACIÓN INFANTIL



EDUCACIÓN PRIMARIA


SAMUEL, de 5ºB de Ed. Infantil, é un exemplo de amor á nosa lingua, como amosa neste vídeo no que nos ensina todo o que sabe sobre grúas.



E LOLA FERREIRO, de 5ºC de Ed. Primaria, elaborou un bonito conto en galego que quixo contarlle aos alumn@s de Ed. Infantil durante esta semana.









"CONTACONTOS BENXAMÍN"

Nova actividade de animación á lectura en colaboración coa Editorial Xerais no noso cole. Un contacontos a cargo de BENXAMÍN, que ademais de contarnos bonitas historias, fai unhas fantásticas ilustracións das mesmas cos seus debuxos.




11.5.21

"CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021"

Xa estamos en plena celebración do Día das LETRAS GALEGAS 2021, este ano adicado á escritora XELA ARIAS. Hoxe tivemos un gran concerto a cargo de Paco Cerdeira, PAKOLAS, que nos levou a través do tempo coas súas cancións. Estivo acompañado da magnífica ilustradora LAURA ROMERO. Que ben o pasamos!!!!!




9.5.21

"PUBLICACIÓN POESÍAS ORIXINAIS I CERTAME POESÍA IRVI 2021"

Aquí están todas as poesías orixinais, inventadas polo alumnado de Primaria, que foron presentadas ao I Certame de Poesía IRVI. Parabens a tod@s polo seu traballo e moitas grazas por participar. O Curso que ven esperamos outra vez aos nos@s pequen@s  grandes poetas.



I CERTAME POESÍA IRVI

5.5.21

"ENTREGA PREMIOS I CERTAME BANDA DESEÑADA IRVI"

Por fin chegou o día e os gañadores do I Certame de Banda Deseñada IRVI, recibiron os seus merecidos premios.

PARABENS CARLOTA, SARA E ISAAC E SEGUIDE ESCRIBINDO!!!!



"ANIMACIÓN Á LECTURA: VISITA DE ANXO MOURE"

Hoxe recibimos a visita de ANXO MOURE, contador de historias que fixo gozar moito aos alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria. Moitas grazas!!!