28.2.21

"NOVIDADES PARA MARZO NA BIBLIO DE IRVI"

Xa temos cheo o noso expositor de novidades para este mes de marzo. ANIMÁDEVOS A COLLELOS!!!


Ademais, Mateo Rúa de 6º B, apórtanos un novo enlace para ler en PDF. Pinchade na seguinte imaxe e poderedes acceder a el.

LECTURAS EN PDF


24.2.21

"DÍA DE ROSALÍA"

Hoxe, 24 de febreiro, festexamos o aniversario de Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal. 

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!!!!


SAMUEL (5ºB ED. INFANTIL)


VALERIA E MATEO (5ºA ED. INFANTIL)


LÍA (6ºB ED. INFANTIL)


@s nenas e nenos de 3ºA, 3ºB e 6ªA prepararon esta montaxe cun poema de Rosalía de Castro, acompañado da música de Rosalía.



O nenos e nenas de 6ºB elaboraron este fermoso traballo:


E tamén, homenaxearon a Rosalía con este recitado:

E xunto cos seus compañeiros e compañeiras de 6ºA, fixeron esta montaxe sobre a nosa escritora máis famosa.





16.2.21

"FEBREIRO, MES DA MULLER E A NENA NA CIENCIA"

Este mes, o día 11, está adicado á Muller e a nena na ciencia.

É necesario reinvindicar o papel das mulleres na ciencia ao longo da historia. Moitas delas quedaron relegadas ao esquecemento no seu traballo. E tamén é primordial que as nenas de hoxe en día sexan conscentes da súa importancia no futuro da ciencia.

Aquí vos deixamos este fermoso vídeo "NO MORE MATILDAS" que nos mostra o traballo de moitas mulleres de ciencia que non foron recoñecidas no seu momento e, a súa importancia como modelo para as nenas que queren convertirse en futuras científicas.


E, no CEIP Irmáns Villar, queremos dicir todas e todos xunt@s "NON MÁIS MATILDAS"

As alumnas e alumnos de 3º de Primaria elaboraron este bonito traballo sobre "Mulleres Científicas".


Temos o noso expositor xa preparado cos libros da nosa Biblio adicados ás mulleres científicas. Animádevos a collelos e lelos!!!!



Os alumn@s de infantil convertéronse en pequen@s científic@s durante estes días disfrutando duns divertidos experimentos:




Nesta presentación, podedes coñecer algunhas das máis importantes CIENTÍFICAS GALEGAS ao longo da historia. Seguro que no futuro haberá moitas máis, pode que entre elas estean algunhas das nosas alumnas.


14.2.21

"É TEMPO DE ENTROIDO"

Xa estamos disfrutando do tempo de Entroido. Este venres tivemos no noso cole un dos disfraces tradicionais da nosa provincia: AS MÁZCARAS DE MANZANEDA, grazas a dúas alumnas, ALBA E LOLA, que quixeron lucilo e amosarllo aos seus compañeir@s de cole.


Non esquezades que na nosa Biblio de Irvi, temos varios exemplares do libro "É tempo de Entroido" que nos amosa as tradicións e disfraces de Entroido da nosa provincia e doutros lugares de Galicia.



E tamén, podedes disfrutalo neste vídeo:




 

"POESÍA MUSICADA"

Poesía e música déronse a man esta semana no noso cole. Ismael Cid Aires de 5ºC, deleitounos cun recital da súa poesía acompañado da guitarra, tocada polo noso Profe de Música, Xabier.