Este mes, o día 11, está adicado á Muller e a nena na ciencia.
É necesario reinvindicar o papel das mulleres na ciencia ao longo da historia. Moitas delas quedaron relegadas ao esquecemento no seu traballo. E tamén é primordial que as nenas de hoxe en día sexan conscentes da súa importancia no futuro da ciencia.
Aquí vos deixamos este fermoso vídeo "NO MORE MATILDAS" que nos mostra o traballo de moitas mulleres de ciencia que non foron recoñecidas no seu momento e, a súa importancia como modelo para as nenas que queren convertirse en futuras científicas.
E, no CEIP Irmáns Villar, queremos dicir todas e todos xunt@s "NON MÁIS MATILDAS"
As alumnas e alumnos de 3º de Primaria elaboraron este bonito traballo sobre "Mulleres Científicas".
Temos o noso expositor xa preparado cos libros da nosa Biblio adicados ás mulleres científicas. Animádevos a collelos e lelos!!!!
Os alumn@s de infantil convertéronse en pequen@s científic@s durante estes días disfrutando duns divertidos experimentos:
Nesta presentación, podedes coñecer algunhas das máis importantes CIENTÍFICAS GALEGAS ao longo da historia. Seguro que no futuro haberá moitas máis, pode que entre elas estean algunhas das nosas alumnas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario