17.5.19

"EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA NA BIBLIOTECA"

Durante esta semana os alumnos-as do cole dos distintos cursos acudiron á Biblioteca para ver a Exposición Etnográfica, que como homenaxe a Antonio Fraguas, montamos cos distintos obxectos que aportaron os nenos-as e as súas familias e os-as mestres-as do cole.
MOITAS GRAZAS DE NOVO POLA SÚA AXUDA PARA PODER FACER ESTA EXPOSICIÓN.



12.5.19

"LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS"

Este ano adícase o Día das Letras Galegas ao profesor pontevedrés Antón Fraguas Fraguas.



Antonio Fraguas Fraguas destacou como investigador nos campos da historia, da etnografía e do folclore, entre outros. O seu traballo está recollido en numerosas publicacións, fundamentalmente como colaboración en revistas ou obras colectivas. En todo caso, tamén publicou un considerable número de monografías, entre as que podemos sinalar, a título de exemplo, as seguintes:

  • Geografía de Galicia (1953)
  • Historia del Colegio de Fonseca (1956). Tese de doutoramento
  • Aportacións ó cancioneiro de Cotobade (1985)
  • Romarías e santuarios (1988)
  • Do Entroido (1994)
  • A festa popular en Galicia (1995)


Dende a Biblioteca recomendamos para os nosos alumnos-as as seguintes lecturas de Antón Fraguas:


Aquí vos deixo un enlace moi interesante da páxina A Primavera das Letras no que podedes aprender moitas cousas sobre o seu traballo e a súa vida. Pica aquí

E como homenaxe a unha das súas principais facetas, montamos unha Exposición especial Etnográfica con motivo do Día das Letras Galegas 2019 na nosa Biblio.
Non vos esquezades de visitala!!!!



5.5.19

Ola amigos e amigas! Comenzamos unha nova etapa no Blog da Biblioteca do CEIP P. Irmáns Villar: A BIBLIO DE IRVI. Esperamos que vos sexa útil e disfrutedes moito con el. Se queredes acceder ao noso blog anterior: Bibliotrén, aquí vos deixamos o enlace.

Bibliotrén