12.5.19

"LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS"

Este ano adícase o Día das Letras Galegas ao profesor pontevedrés Antón Fraguas Fraguas.



Antonio Fraguas Fraguas destacou como investigador nos campos da historia, da etnografía e do folclore, entre outros. O seu traballo está recollido en numerosas publicacións, fundamentalmente como colaboración en revistas ou obras colectivas. En todo caso, tamén publicou un considerable número de monografías, entre as que podemos sinalar, a título de exemplo, as seguintes:

  • Geografía de Galicia (1953)
  • Historia del Colegio de Fonseca (1956). Tese de doutoramento
  • Aportacións ó cancioneiro de Cotobade (1985)
  • Romarías e santuarios (1988)
  • Do Entroido (1994)
  • A festa popular en Galicia (1995)


Dende a Biblioteca recomendamos para os nosos alumnos-as as seguintes lecturas de Antón Fraguas:


Aquí vos deixo un enlace moi interesante da páxina A Primavera das Letras no que podedes aprender moitas cousas sobre o seu traballo e a súa vida. Pica aquí

E como homenaxe a unha das súas principais facetas, montamos unha Exposición especial Etnográfica con motivo do Día das Letras Galegas 2019 na nosa Biblio.
Non vos esquezades de visitala!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario