26.1.20

"DÍA DA PAZ 2020"

Para celebrar o Día da Paz, temos no noso expositor da Biblio de Irvi un montón de libros para ler na nosa Biblioteca ou levar para casa.


12.1.20

"AS FAMILIAS CONTAN"

Durante este curso tamén disfrutamos no noso cole da actividade "AS FAMILIAS CONTAN", promovida polo equipo de Dinamización Lingüística, co obxectivo de promover o gusto polos libros e a lectura. Como foi o caso da visita da nai de Mateo de 2º B que lles contou aos alumnos-as de 2º e tamén de Ed. Infantil o bonito conto "As chaves dos soños".


Tamén recibimos a visita da nai dunha nena de 5º B de Ed. Infantil, Sabela, que nos contou os fermosos contos "Nicomedes" e "A Princesa do Caurel".



"NOVOS LIBROS NA NOSA BIBLIO"

Xa temos no noso expositor algunhas das novas adquisicións neste mes de xaneiro.


"NOVIDADES NA BIBLIO DE IRVI"

Durante este Nadal tamén na Biblio de IRVI tivemos agasallos especiais. Xa temos novas mesas e sillas na nosa Biblioteca.


E, xa estes días, os nosos alumnos e alumnas puideron disfrutar delas durante o recreo.