28.4.24

"SEMANA DO LIBRO NA BIBLIO DE IRVI"

Durante toda a semana, os alumnos e alumnas do cole celebraron a Festa do LIBRO, visitando a nosa Biblio, como os nenos e nenas de 5º de Infantil e todo o alumnado nos recreos.


semana do libro

"CONTACONTOS EDUCACIÓN EMOCIONAL PARA EDUCACIÓN INFANTIL"

Seguindo coas actividades de celebración da Semana do Libro, o alumnado de Educación Infantil, desfrutou dun contacontos a cargo de OTI, relacionado coa xestión das emocións, co conto "Cinco Enfados" de Gabriela Keselman.



25.4.24

"AS FAMILIAS CONTAN: GALA, SENA E O ALUMNADO DE 5ºB"

Nesta semana de celebración do Día do Libro, Ana, mamá de Gala de 5ºA de Infantil, mestra no noso cole, quixo participar na actividade "As Familias Contan", acompañada dos seus alumnos e alumnas de 5º de Primaria, para contarnos tod@s xunt@s dous fantásticos libros.

AS FAMILIAS CONTAN

23.4.24

“DÍA DO LIBRO”

Chegou un dos días máis  especiáis do ano para a nosa biblioteca. A festa do DÍA DO LIBRO e todo o colexio quixemos celebralo da mellor maneira posible, lendo un libro.

 

Diseño

19.4.24

"REPRESENTACIÓN A BANDA DOS INSECTOS"

O alumnado de 5º e 6º de primaria desfrutou grazas ao Consorcio Editorial, da visita do grupo de teatro "A Xanela do Maxín" coa representación do libro de Celtia Figueiras "A Banda dos Insectos. Pasando a bola".  A propia autora, coa axuda dalgúns dos voluntarios e voluntarias da nosa Biblio, escenificaron a obra enfocada no acoso, o bulling e o ciberacoso. 

A XANELA DO MAXÍN

18.4.24

"AS FAMILIAS CONTAN: NOA E ANA"

As familias do noso alumnado de infantil seguen facéndonos gozar contándonos os seus libros favoritos. Nesta ocasión recibimos a Ana, mamá de Noa de 5º de Infantil, contándonos as peripecias do Monstro de Colores.


AS FAMILIAS CONTAN: NOA E ANA

"ARTETERAPIA"

O día 15 de abril celebrouse o Día Mundial da Arte, e neste curso, xa que estamos levando a cabo no noso colexio o Proxecto Documental relacionado coa PINTURA, o alumnado de 4º de Primaria desfrutou dunha marabillosa actividade de ARTETERAPIA coa visita da profesora Beatriz Domarti.

Vídeo arteterapia

7.4.24

"AS FAMILIAS CONTAN: SENA E LETICIA"

Nesta ocasión recibimos a Leticia, mamá de Sena de 5ºA de Infantil. As dúas xuntas contáronos a historia de "Pilonga e Amanito". Grazas familias por axudarnos a fomentar o gusto pola lectura dos nosos alumnos e alumnas.

AS FAMILIAS CONTAN

22.3.24

"CELEBRACIÓN DÍA DA POESÍA 2024"

O 21 de Marzo celebramos o Día Internacional da Poesía, e por tal motivo, dende a Biblioteca convocamos o IV CERTAME DE POESÍA BIBLIOIRVI. Estamos encantadas coa participación de todo o alumnado de primaria. Estes son as/o premiadas/o desta edición. PARABÉNS!!!! 




E, ademais, os voluntarios e voluntarias da nosa Biblioteca colaboraron nesta celebración recitando POESÍA, aos nenos e nenas de Educación Infantil.

DÍA DA POESÍA

15.3.24

"AS FAMILIAS CONTAN: ARI E BEATRIZ"

Nova sesión da actividade "AS FAMILIAS CONTAN". Nesta ocasión recibimos a Beatriz, nai de Ariadna de 5ºA de Infantil, con dous dos seus contos favoritos: "Moncho e a mancha" e "De que cor é un bico?", moi relacionados co Proxecto Documental Integrado que estamos levando a cabo no noso cole durante este curso: A PINTURA.


AS FAMILIAS

10.3.24

"TEATRO POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

 Na semana de celebración do Día Internacional da Muller, o alumnado de 5º de Primaria representou dúas fermosas obras de teatro de concienciación, aos seus compañeir@s de Infantil e 1º de primaria.




"SEMANA DA PRENSA"

En 1° B traballamos a Semana da Prensa elexindo unha noticia, lendo o que puidemos, buscando con cores as letras da semana C/Z e rematamos pegándoa na libreta.





7.3.24

"A BIBLIO CONciencia"

 Na Biblio de IRVI, desenvolvemos unha nova edición da "BIBLIO CONciencia", con motivo da celebración en febreiro  do "Día da Muller e a Nena na Ciencia". Tod@s os alumn@s de Infantil e Primaria pasárono de marabilla realizando diferentes experimentos.

Presentación con vídeo a Biblio CONcincia INFANTIL

26.2.24

"IRVIARTE"

Xa nos metemos de cheo no Proxecto Documental Integrado proposto dende a Biblio de Irvi para este curso: IrviArte. Aquí vos deixamos esta montaxe para que poidades ver cal é a pintora/pintor que traballa cada grupo e así, nos axudedes dende casa a que o noso cole se converta a final de curso nun "Gran Museo", porque... 

"As Familias Pintan Moito"


4.2.24

" EXPOSICIÓN LIBROS DO ENTROIDO"

A Biblio de IRVI, xa está preparada para o ENTROIDO, coa exposición temática de libros relacionados con esta festa tan divertida.




25.1.24

"FIRMA CONTRATOS VOLUNTARIOS BIBLIOIRVI"

De novo este curso formamos parte das Bibliotecas Solidarias de Galicia. Grazas aos nosos voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de Primaria e ás súas familias, que asinaron os seus contratos de compromiso con este labor na nosa Biblioteca.



24.1.24

"AS FAMILIAS CONTAN"

Un curso máis comezamos a recibir as visitas dos familiares dos nosos alumn@s para contar os seus contos favoritos. Neste caso, foi Alba de 6º de Infantil e o seu pai Marcos que nos contaron as historias da Leiteira, Pedro e o Lobo e Alí Babá e os 40 ladróns. Moitas grazas!!!

As familias contan: Alba 5 anos

18.1.24

"IRVI NEWS"

Atención, atención! Chegan as últimas noticias a cargo dos alumnos e alumnas de 6ºB. Isto é:

IRVI NEWS

IRVI

15.1.24

"LIBROS COMPARTIDOS"

Este curso, dende a Biblio de IRVI, decidimos poñer en marcha a actividade "Libros Compartidos", coa que o noso alumnado pode intercambiar libros cos seus compañeiros e compañeiras.