Amosando publicacións coa etiqueta Tod@s pintamos moito 23-24. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tod@s pintamos moito 23-24. Amosar todas as publicacións

27.6.24

"EXPOSICIÓN VIRTUAL MUSEO TOD@S PINTAMOS MOITO"

Aquí vos deixamos un recorrido virtual polo noso museo "TOD@S PINTAMOS MOITO", que tivemos no noso colexio nas últimas semanas do curso.

Presentación con vídeo exposición virtual primaria
Presentación con vídeo exposición virtual infantil

E, tamén, as entrevistas que todos os nenos e nenas fixeron explicando o que aprenderon sobre a pintora ou pintor ao que dedicaron o seu proxecto.
ENTREVISTAS PINTORAS




16.6.24

"INAUGURACIÓN MUSEO TOD@S PINTAMOS MOITO"

Por fin chegou o día. O martes 11 de xuño inauguramos o noso Museo "Tod@s Pintamos Moito", onde todo o alumnado do noso colexio expón as obras elaboradas ao longo de todo o curso. 





9.6.24

“TOD@S PINTAMOS MOITO: 6º PRIMARIA”

O alumnado de 6º de primaria levou a cabo o produto final do seu proxecto sobre MON DEVANE, elaborando un graffiti na parede exterior da pista polideportiva do noso colexio.



TOD@S PINTAMOS MOITO

3.6.24

"P.D.I. TOD@S PINTAMOS MOITO. CREATIVIDADE EN INFANTIL"

O corredor e as aulas de Educación Infantil énchense de creacións pictóricas dos máis pequen@s, dentro do Proxecto TOD@S PINTAMOS MOITO. 

6º INFANTIL






2.6.24

"P.D.I. TOD@ PINTAMOS MOITO: 5º INFANTIL"

Os nenos e nenas de 5º de INFANTIL desfrutaron e aprenderon moito co proxecto TOD@S PINTAMOS MOITO, das pintoras Hilma Af Klint e Sonia Delaunay.


Presentación con vídeo IRVIARTE 4 anos

"P.D.I. TOD@S PINTAMOS MOITO: VISITA ANA FERREIRO 2º PRIMARIA"

Seguimos aprendendo de Arte grazas aos artistas que nos visitan dentro do no proxecto TOD@S PINTAMOS MOITO Neste caso, foron os alumnos e alumnas de 2º de Primaria os que recibiron a visita da ilustradora ANA FERREIRO.



"P.D.I. TOD@S PINTAMOS MOITO. PREPARANDO O NOSO GRAFFITI"

 Alumnado e profesorado de 6º de primaria preparan a parede exterior da pista polideportiva do noso colexio, para realizar o produto final do seu proxecto TOD@S PINTAMOS MOITO, sobre o pintor de graffiti ourensán MON DEVANE.

E uns días despois, así quedou o seu graffiti






27.5.24

"AS FAMILIAS PINTAN MOITO"

Dentro do noso proxecto TOD@S PINTAMOS MOITO, é fundamental a colaboración das FAMILIAS do noso alumnado que aportaron as súas creacións para a exposición final. 

GRAZAS A TODAS!!








 

26.5.24

"PROXECTO TOD@S PINTAMOS MOITO. VISÍTANOS ROSA GUISÁN"

Non podemos estar máis felices. Despois de recibir hai uns días a visita de MON DEVANE, esta semana foi a pintora coruñesa ROSA GUISÁN a que deu unha charla ao alumnado de de Primaria, que dedicaron o seu traballo do proxecto TOD@S PINTAMOS MOITO a esta marabillosa artista.

Proyecto Artístico

"P.D.I. TOD@S PINTAMOS MOITO. YAYOI KUSAMA"

Os alumnos e alumnas de 4ºB de Infantil están preparando con moitas gañas a súa exposición sobre a pintora xaponesa YAYOI KUSAMA. Aquí mostramos algunhas das súas experiencias.

 

Presentación con vídeo 3 anos B Yayoi Kusama

"PROXECTO TOD@S PINTAMOS MOITO : 1ºA"

Aquí vos queremos ensinar o proceso dalgúns dos traballos elaborados durante o curso polo alumnado de 1ºA traballando no Proxecto TOD@S PINTAMOS MOITO.



20.5.24

"VISÍTANOS MON DEVANE"

Esta semana recibimos a visita do artista ourensá MON DEVANE, que foi entrevistado polo alumnado de 6º de primaria, sobre o que basearon o seu traballo do proxecto TOD@S PINTAMOS MOITO que desenvolvemos no noso colexio durante este curso. 
Moitas grazas pola túa amabilidade e as túas ensinanzas mon devane!!

MON DEVANE

18.5.24

"P.D.I. TOD@S PINTAMOS MOITO: PINCELADAS MUSICAIS"

O alumnado de 3º de Primaria desfrutou dunha fermosa clase didáctica, a cargo do Departamento de Música Antiga do Conservatorio de Música de Ourense, denominada "Pinceladas Musicais", relacionando a música coa Arte. 


IRVIARTE: PINCELADAS MUSICAIS 3º

26.2.24

"TOD@S PINTAMOS MOITO"

Xa nos metemos de cheo no Proxecto Documental Integrado proposto dende a Biblio de Irvi para este curso: TOD@S PINTAMOS MOITO. Aquí vos deixamos esta montaxe para que poidades ver cal é a pintora/pintor que traballa cada grupo e así, nos axudedes dende casa a que o noso cole se converta a final de curso nun "Gran Museo", porque... 

"As Familias Pintan Moito"