27.12.20


 

"RECOMENDACIÓNS DE NADAL DA BIBLIO DE IRVI"

Como todos os cursos por estas datas, queremos ofrecervos as nosas recomendacións de libros para pedir aos Reis Magos, a Papá Noel ou ao Apalpador este Nadal.

"CONCURSO DE RELATOS DE NADAL"

Dende a Biblio de Irvi, este Nadal propuxemos un "Concurso de Relatos de Nadal" para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria. Aquí están os tres que foron seleccionados como gañadores:


20.12.20

"PRESENTACIÓN LIBRO LA CLASE DE 1º Y EL PIRATA KIKO"

A profesora Isabel Bugallo, que estivo o curso pasado no noso cole, presentou o libro infantil "La clase de 1º y el pirata Kiko", acompañada dos alumnos-as do CEIP Irmáns Villar que este curso están en 2º A e que inspiraron, a través do seu traballo, este bonito conto durante o tempo de confinamento o curso pasado. PARABENS!!!


Isabel Bugallo (Entrevista en xornal La Región)


13.12.20

"FACENDO LUCES DE NADAL"

Nuns dos obradoiros que se fixeron nos recreos na Biblio de Irvi o curso pasado, elaboramos Luces para o Nadal. Este curso, por desgracia, non podemos telos debido ao protocolo contra o COVID. Pero aquí vos deixamos este vídeo-titorial feito polas nenas e nenos que participaron o decembro pasado. Animádevos a probar a facelas na casa

É moi fácil e divertido!!! 













3.12.20

"CONTOS DE NADAL"

Pinchando na seguinte imaxe poderedes acceder a un enlace con varios "Contos de Nadal" en vídeo.

"Contos de Nadal"