23.12.19

"APADRIÑAMENTOS POLO NADAL"

Este curso, dende o Equipo da Biblioteca do noso coles e, en colaboración con todo o profesorado e alumnado de primaria, organizamos unha fermosa actividade: O Apadriñamento/Amadriñamento entre os alumnos-as. Este Nadal iniciamos a actividade co primeiro encontro, a sorpresa de saber quen é o noso Padriño/Madriña-Afillado/Afillada. Continuaremos con moitos máis encontros durante o curso.

APADRIÑAMENTO 4ºB-2ºB




Apadriñamentos "Irmáns Villar" (4ºB-2ºB) by Slidely Slideshow

APADRIÑAMENTO 4ºA-2ºA


Apadriñamento Irmáns Villar (4ºA-2ºA) by Slidely Photo Gallery

APADRIÑAMENTO 5ºA-3ºA


Apadriñamento Irmáns Villar (5ºA-3ºA) by Slidely Photo Gallery

APADRIÑAMENTO 5ºB-3ºB


Apadriñamento Irmáns Villar (5ºB-3ºB) by Slidely Photo Gallery

APADRIÑAMENTO 6ºB-1ºB


Apadriñamento Irmáns Villar (6ºB-1ºB) by Slidely Photo Gallery

"CONCURSO POSTAIS DE NADAL"

Un ano máis os alumnos-as do CEIP P. Irmáns Villar participaron no concurso de Postais de Nadal. Foi moi difícil escoller as gañadoras. Aquí as deixamos.



15.12.19

"LIBROS PARA O NADAL"


Este Nadal, dende o Equipo de Dinamización Lingüística, nos dan algunhas recomendacións para meter na carta a Papá Noel, os Reis Magos ou o Apalpador.





6.12.19

"OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE NADAL NO RECREO"

Estes días, durante o recreo, moitos nenos e nenas acudiron á Biblio para participar no noso "Obradoiro de decoración de Nadal". Coas súas manualidades adornaremos a nosa Biblioteca
Moitas grazas a todos-as!!!!






24.11.19

"25 N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

O luns, todos e todas saímos ao patio para expresar que non queremos máis violencia de xénero na nosa sociedade.


Podedes ver máis fotos do acto na Galería da páxina web do cole, pinchando no seguinte enlace.


Na BIBLIO DE IRVI, colocamos no noso expositor libros relacionados con este día.


"O NOSO PRIMEIRO PRÉSTAMO NA BIBLIO DE IRVI"

Aínda que na súa etapa como alumnos-as de Ed. Infantil, xa disfrutaron dos libros da nosa Biblioteca nas súas aulas, neste curso, como alumnos-as de 1º de primaria, acudiron por primeira vez á Biblio de IRVI para levar libros para a súa casa.


10.11.19

"CONTACONTOS DE MEDO NA BIBLIOTECA"

Debido á celebración do Samaín, este curso, todos os alumnos-as do noso cole asistiron a un contacontos por parte dos nenos e nenas de 5º de primaria dalgúns dos libros de medo que temos na Biblioteca de Irvi. Estes contacontos foron na maioría dos casos na Biblioteca, menos os alumnos-as de 4º e 5º de Ed. Infantil que o disfrutaron nas súas aulas.


"Contacontos de medo no Samaín" by Slidely Photo Gallery

16.10.19

"BUZÓN DE SUXERENCIAS"

A partir deste curso, temos na Biblio de Irvi unha caixa de suxerencias para que todos os membros da nosa comunidade educativa (alumnos e alumnas, mestras e mestres...), poidan aportar ideas para incorporar á nosa Biblioteca como novos libros, actividades, etc.


15.10.19

"AXUDANTES DA BIBLIO DE IRVI CURSO 19-20"

Neste curso contamos na Biblio do CEIP P. Irmáns Villar coa axuda de varios alumnos-as de 6º de primaria. Algúns deles repiten e outros-as son novas incorporacións. 
Benvidos-as a todos-as e moitas grazas pola vosa colaboración!


14.10.19

"CAMPAÑA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO"

A Biblioteca convertiuse nun lugar no que traballamos na campaña contra o cambio climático e a favor da protección do noso planeta. Durante os recreos alumnos e alumnas de diferentes cursos elaboraron carteis para reinvindicar a toma de medidas para coidar e protexer o noso planeta.


12.10.19

"TAMÉN SOMOS ESCRITORES"

Iniciamos un novo curso e non hai mellor forma de facelo que colocando no noso expositor da Biblio de Irvi os libros creados polos nosos alumnos e alumnas durante cursos pasados. Porque eles e elas tamén son escritores.


19.6.19

"GRAZAS POR TODO"

Durante este curso, o Equipo da Biblioteca tivemos a sorte de contar cun grupo de "pequenos-grandes colaboradores", que nos axudaron moitísimo durante os recreos facendo o préstamo dos libros, colocando e facendo gardar a orde na Biblioteca. Algúns deles comezarán o curso que ven unha nova etapa na ESO, na que lle desexamos moitísima sorte. E con outros, esperamos seguir contando coa súa axuda o curso que ven. 
MOITAS GRAZAS CHICOS E CHICAS!!!!

(Merchi, Ángeles, Chus e Ana)


16.6.19

"CONTACONTOS BENXAMÍN"

Este venres puidemos disfrutar dunha nova actividade de fomento da lectura no noso cole. Foi un contacontos moi divertido a cargo de Benxamín, e promovido pola editorial Anaya, que nos fixo disfrutar moito coas súas historias e os seus debuxos.


2.6.19

"CONTACONTOS PABLO NOGUEIRA"

Este venres os alumnos-as de 1º e 2º de primaria disfrutaron dunha nova actividade de fomento da lectura. Neste caso foi o mestre e escritor Pablo Nogueira quen nos visitou para comentar con eles o seu libro "Nube Branca quere ser astronauta", que os nenos-as puideron ler durante este curso.



17.5.19

"EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA NA BIBLIOTECA"

Durante esta semana os alumnos-as do cole dos distintos cursos acudiron á Biblioteca para ver a Exposición Etnográfica, que como homenaxe a Antonio Fraguas, montamos cos distintos obxectos que aportaron os nenos-as e as súas familias e os-as mestres-as do cole.
MOITAS GRAZAS DE NOVO POLA SÚA AXUDA PARA PODER FACER ESTA EXPOSICIÓN.



12.5.19

"LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS"

Este ano adícase o Día das Letras Galegas ao profesor pontevedrés Antón Fraguas Fraguas.



Antonio Fraguas Fraguas destacou como investigador nos campos da historia, da etnografía e do folclore, entre outros. O seu traballo está recollido en numerosas publicacións, fundamentalmente como colaboración en revistas ou obras colectivas. En todo caso, tamén publicou un considerable número de monografías, entre as que podemos sinalar, a título de exemplo, as seguintes:

  • Geografía de Galicia (1953)
  • Historia del Colegio de Fonseca (1956). Tese de doutoramento
  • Aportacións ó cancioneiro de Cotobade (1985)
  • Romarías e santuarios (1988)
  • Do Entroido (1994)
  • A festa popular en Galicia (1995)


Dende a Biblioteca recomendamos para os nosos alumnos-as as seguintes lecturas de Antón Fraguas:


Aquí vos deixo un enlace moi interesante da páxina A Primavera das Letras no que podedes aprender moitas cousas sobre o seu traballo e a súa vida. Pica aquí

E como homenaxe a unha das súas principais facetas, montamos unha Exposición especial Etnográfica con motivo do Día das Letras Galegas 2019 na nosa Biblio.
Non vos esquezades de visitala!!!!



5.5.19

Ola amigos e amigas! Comenzamos unha nova etapa no Blog da Biblioteca do CEIP P. Irmáns Villar: A BIBLIO DE IRVI. Esperamos que vos sexa útil e disfrutedes moito con el. Se queredes acceder ao noso blog anterior: Bibliotrén, aquí vos deixamos o enlace.

Bibliotrén