29.5.22

"VISITA DE LEDICIA COSTAS AO NOSO COLE"

Por fin chegou o día no que tivemos a honra de recibir a visita da Gran e Exitosa escritora galega LEDICIA COSTAS,  autora de sagas como os "Minimortos", "A Señorita Bubble", libros como "Vampira de Biblioteca", "Escarlatina" ou "Conexión Macarrón", entre outros moitos. Había unha gran ilusión entre todos os mestr@s e alumn@s por vela e escoitala. Ledicia, con gran paciencia, respondeu a todas as preguntas dos nenos e nenas dende 1º a 6º de primaria e, tamén, firmou exemplares dos seus libros que tiñan os nosos alumn@s nas súas casas.

MOITAS GRAZAS LEDICIA. FOI UNHA HONRA E UN PRACER!!! 😍😍😍😍😍😍











23.5.22

"A MÁQUINA DOS CONTOS"

As titoras de 2º de Ed. Primaria realizaron unha atractiva actividade para fomentar nos seus alumn@s o gusto pola lectura e os libros: A MÁQUINA DOS CONTOS.


22.5.22

"CONTACONTOS UXÍA MORÁN"

Este venres tivemos un Contacontos a cargo de UXÍA MORÁN, para os alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º de Primaria, organizado polo Equipo da Biblioteca con motivo das celebracións polo Día do Libro 2022.






16.5.22

"NOVIDADE DE MAIO NA BIBLIO DE IRVI"

Xa están na nosa biblio as últimas novidades que chegaron de manga. Animádevos a collelas porque van marchar moi rápido para as casas dos nosos lectores e lectoras.


E, tamén, outras novas adquisicións para a nosa sección de CÓMIC da Biblio.



"CONTAMOS CONTOS"

Aínda que cun pouco de retraso debido a diferentes motivos, por fin chegou o día no que puidemos celebrar o Gran Contacontos no patio para conmemorar a festa do Día do Libro.

Varios alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria convertíronse en protagonistas destes contacontos. Preparáronos con moita ilusión, elaboraron materiais, ensaiaron durante varios días para que as súas compañeiras e compañeiros de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria gozaran moito con esta actividade. 

MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!!


CONTACONTOS ED. INFANTIL



CONTACONTOS ED. PRIMARIA




Ademais Lola Ferreiro Cámara de 6ºC fixo o seu propio conto titulado "Un aniversario máxico" que ademais de contarllo aos máis pequenos de Ed. Infantil, quere compartilo con todos nós.