29.5.22

"VISITA DE LEDICIA COSTAS AO NOSO COLE"

Por fin chegou o día no que tivemos a honra de recibir a visita da Gran e Exitosa escritora galega LEDICIA COSTAS,  autora de sagas como os "Minimortos", "A Señorita Bubble", libros como "Vampira de Biblioteca", "Escarlatina" ou "Conexión Macarrón", entre outros moitos. Había unha gran ilusión entre todos os mestr@s e alumn@s por vela e escoitala. Ledicia, con gran paciencia, respondeu a todas as preguntas dos nenos e nenas dende 1º a 6º de primaria e, tamén, firmou exemplares dos seus libros que tiñan os nosos alumn@s nas súas casas.

MOITAS GRAZAS LEDICIA. FOI UNHA HONRA E UN PRACER!!! 😍😍😍😍😍😍











Ningún comentario:

Publicar un comentario