Aínda que cun pouco de retraso debido a diferentes motivos, por fin chegou o día no que puidemos celebrar o Gran Contacontos no patio para conmemorar a festa do Día do Libro.
Varios alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria convertíronse en protagonistas destes contacontos. Preparáronos con moita ilusión, elaboraron materiais, ensaiaron durante varios días para que as súas compañeiras e compañeiros de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria gozaran moito con esta actividade.
MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!!
CONTACONTOS ED. INFANTIL
CONTACONTOS ED. PRIMARIA
Ademais Lola Ferreiro Cámara de 6ºC fixo o seu propio conto titulado "Un aniversario máxico" que ademais de contarllo aos máis pequenos de Ed. Infantil, quere compartilo con todos nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario