27.11.22

"25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Como cada 25 de novembro, todos xuntos no patio, no CEIP P. IRMÁNS VILLAR quixemos demostrar o noso rexeitamento á violencia de xénero.

sara vázquez, de 5ºa, fixo e recitou unha fermosa poesía relacionada con este día.




14.11.22

"RECOMENDACIÓNS LECTORAS NOVEMBRO 2022"

Voltamos cunha das nosas actividades favoritas: As Recomendacións Lectoras dos nosos alumnos e alumnas. Neste caso son os nenos e nenas de 5ºB os que nos falan dalgúns dos seus libros favoritos para que vos animedes a  collelos na nosa Biblioteca.




"EXPOSICIÓNS TEMÁTICAS MES DE NOVEMBRO"

Xa temos preparadas as exposicións temáticas sobre o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas e o 25N: Día contra a violencia de xénero.


"NOVIDADES NOVEMBRO 2022"

Xa temos o noso expositor cheo de novidades dispostas a marchar para as casas dos nos@s "pequenos-grandes lector@s".



9.11.22

"UN PRECIOSO CONTACONTOS CON ASANOG"

Tivemos a sorte de recibir para os alumn@s de Educación Infantil a visita de ASANOG (Asociación de Axuda a Nen@s Oncolóxicos de Galicia). A través do conto de "Gasparín", Lucía e Spiderman Vigo nos explicaron un pouco máis da realidade destes nenos e nenas durante a súa enfermidade e, grazas a eles, todos xuntos celebramos que o noso alumno Super Daniel conseguiu vencer á enfermidade.

PARABENS!!!




6.11.22

"NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS"

Como todos os meses de novembro en todas as Bibliotecas de Galicia celebramos o Mes da Ciencia en Galego. Xa temos preparada na nosa Biblioteca a exposición con algúns dos libros que temos relacionados con este tema. E, ademais, deixámosvos este enlace para que poidades ver todas as actividades que se van facer na Biblioteca da nosa cidade.





2.11.22

"CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN NA BIBLIO DE IRVI"

Este curso, por fin puidemos volver a realizar na Biblio de IRVI a actividade de "Contos de Medo polo Samaín". Os alumnos e alumnas de  5 e 6º de primaria contáronlles contos aos seus compañeir@s de Ed. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. Fixérono de marabilla, PARABENS!!!!