Parte do noso alumnado voluntario segue demostrando unha gran iniciativa. Xa se converteron en fundadores do Xornal NOVAS VILLAR, e agora, realizando o seu primeiro programa de radio á que chamaron RADIO CEIBE. Moi pronto poderedes escoitalo aquí no blog. De momento deixámosvos un pequeno avance.
RADIO CEIBE31.5.26
27.5.26
"CLUB DE LECTURA. UNHA MISIÓN PARA CLARA"
Na Biblioteca o alumnado de 6º de primaria tivo unha actividade sobre o libro Unha misión para Clara, que leron este curso no Club de lectura.
24.5.26
"GAÑADOR@S I CONCURSO DE RELATO BREVE BIBLIOIRVI"
Este curso quixemos celebrar o mes do libro e o mes das Letras Galegas, convocando dende a Biblio de IRVI, o I Concurso de Relato Breve. Aproveitamos a celebración do Día das Letras Galegas para entregar os premios aos gañador@s, pero felicitamos a todos e todas as participantes.
"TEATRO TRIBUTO A BEGOÑA CAAMAÑO"
Con motivo da celebración do día das Letras Galegas, dedicado a Begoña Caamaño, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria asistiu no Teatro Principal ao espectáculo "Chaves Invisibles".
"CHARLA AVES MIGRATORIAS"
Recibimos na nosa Biblioteca a Laura, mamá de SULA de 3º de primaria, que deu unha moi interesante charla ao alumnado deste nivel sobre as aves migratorias.
14.5.26
"AS FAMILIAS CONTAN: DIEGO, GALA E ANA"
Esta semana Ana, membro do noso colexio, acompañada dos seus fill@s Diego e Gala participou na actividade "As familias contan" coa historia da "Mosca Chosca".
13.5.26
"PREMIO "DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"
Moi orgullos@s estamos da nosa alumna CATA, de 1ºA, que recibiu un premio en Santiago polo seu deseño para participar no Certame Deseña Unha Xoia para a túa Nai, da provincia de A Coruña, actividade planificada dentro do P.D.I. IRVIaxe á creatividade.
10.5.26
“CONTACONTOS SABELA GAGO”
Nova actividade de animación á lectura. Nesta ocasión, para o alumnado de 1º ciclo que desfrutou da visita da actriz e contadora de historias Sabela Gago.
8.5.26
"2 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO"
Dende o noso colexio e a nosa biblioteca queremos amosar o noso rexeitamento ao acoso, con libros relacionados no noso expositor temático e con diferentes carteis e murais polo centro.
NON SOMOS CÓMPLICES





