19.6.22

"CONTACONTOS SABELA GAGO 1º CICLO"

Xa cerca do final de curso recibimos no noso cole a visita da gran actriz e contadora de contos ourensá SABELA GAGO, que fixo gozar e divertirse a tope aos alumnos-as de 1º e 2º de Ed. Primaria.




5.6.22

"SESIÓN DE KAMISHIBAI 2º ED. PRIMARIA"

 Os alumn@s de 2º de Ed. primaria durante estas últimas semanas prepararon unha sesión de KAMISHIBAI. Esta palabra tan rara ven do xaponés, xa que nese país é moi popular esta forma de contar os contos. É como un "Teatro de papel".

Nesta ocasión quixeron compartilo cos nenos e nenas das clases de Ed. Infantil.



"CONTACONTOS BENXAMÍN"

Promovida pola Editorial Anaya e, como outra actividade de fomento da lectura,  recibimos na Biblioteca do noso colexio a visita do "Debuxante e contador de historias BENXAMÍN", para todos os alumnos e alumnas dende Ed. Infantil ata 4º de primaria.