14.5.26

"AS FAMILIAS CONTAN: DIEGO, GALA E ANA"

Esta semana Ana, membro do noso colexio, acompañada dos seus fill@s Diego e Gala participou na actividade "As familias contan" coa historia da "Mosca Chosca".




13.5.26

"PREMIO "DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"

Moi orgullos@s estamos da nosa alumna CATA, de 1ºA, que recibiu un premio en Santiago polo seu deseño para participar no Certame Deseña Unha Xoia para a túa Nai, da provincia de A Coruña, actividade planificada dentro do P.D.I. IRVIaxe á creatividade.



10.5.26

“CONTACONTOS SABELA GAGO”

Nova actividade de animación á lectura. Nesta ocasión, para o alumnado de 1º ciclo que desfrutou da visita da actriz e contadora de historias Sabela Gago.





26.4.26

"DÍA DO LIBRO 2026"

Como cada 23 de abril chegou a festa dos libros. Todos xunt@s celebrámolo da mellor forma posible, lendo un libro.



“LIBROS QUE VEÑEN E VAN”

Os nenos e nenas de 6º de infantil comezaron cunha nova actividade proposta desde Bibliotecas Escolares para promover o gusto e interés pola lectura: Libros que veñen e van.


17.4.26

"MOITO CONTO"

Iniciamos unha nova actividade dende a Biblio de Irvi, "MOITO CONTO", enfocada á promoción e o gusto pola lectura. O alumnado voluntario da nosa biblioteca unha vez á semana acude ás aulas de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria para contar un conto durante a Hora de Ler. 


MOITO CONTO

15.4.26

"AS FAMILIAS CONTAN: ALEIXO E MARCOS"

Na actividade As Familias Contan, recibimos a MARCOS, pai de ALEIXO de 4ºA de Educación Infantil. Xuntos contáronlles aos nenos e nenas de 4º de Infantil tres dos seus contos favoritos: "Max e os superheroes", "O monstruo de Cores" e "A vaca que subiu a unha árbore".