31.10.21

"VISITAS POLO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS"

Durante esta semana quixemos que todos os alumn@s de Primaria do noso cole visitaran a Biblio de IRVI para lembrar que hai uns días celebrabamos o Día Internacional das Bibliotecas




24.10.21

"DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS"

Como cada 24 de outubro, hoxe celebramos o "Día Internacional das Bibliotecas". Pinchando na seguinte imaxe podedes acceder a información sobre esta conmemoración.



E, nesta interesante reportaxe coñecemos algunhas das Bibliotecas máis importantes e fermosas destruídas ao longo da historia.

BIBLIOTECAS DESTRUÍDAS AO LONGO DA HISTORIA

21.10.21

"COMEZAMOS A VIAXE!"

Xa comezaron a visitar as casas de todos os alumnos e alumnas do noso cole as "Mochilas Viaxeiras", cargadas de aventuras dende a Biblio de IRVI. Así de contentos marcharon os máis pequenos de Educación infantil, cargados con elas.





18.10.21

“DÍA DAS ESCRITORAS 2021”

 O día 18 de outubro conmemoramos o Día das Escritoras. Dende a Biblio de IRVI queremos destacar especialmente a obra das escritoras galegas e, nos diferentes cursos, durante este trimestre traballarase sobre algunhas delas. Aquí deixamos un fermoso documento sobre esta conmemoración, elaborado por Bibliotecas Escolares de Galicia, no que destacan algúns dos textos que forman parte da obra literaria dalgunhas destas escritoras.





E, na nosa Biblioteca xa temos preparada unha exposición con libros de diferentes escritoras, para que as profes e os profes poidan levar para as súas aulas.




7.10.21

"MOCHILAS VIAXEIRAS 21-22"

 Xa están preparadas!!! 

Mañá comezan as mochilas viaxeiras a visitar as casas de todos os nenos e nenas de Ed. Primaria do noso cole. Saen dende a Biblio de IRVI cheas de aventuras e diversión para facer gozar aos nosos pequen@s-grandes lector@s.



E, moi pronto, dentro duns poucos días tamén comezarán a viaxar ás casas dos máis peques de Ed. Infantil.