26.4.26

"DÍA DO LIBRO 2026"

Como cada 23 de abril chegou a festa dos libros. Todos xunt@s celebrámolo da mellor forma posible, lendo un libro.



“LIBROS QUE VEÑEN E VAN”

Os nenos e nenas de 6º de infantil comezaron cunha nova actividade proposta desde Bibliotecas Escolares para promover o gusto e interés pola lectura: Libros que veñen e van.


17.4.26

"MOITO CONTO"

Iniciamos unha nova actividade dende a Biblio de Irvi, "MOITO CONTO", enfocada á promoción e o gusto pola lectura. O alumnado voluntario da nosa biblioteca unha vez á semana acude ás aulas de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria para contar un conto durante a Hora de Ler. 


MOITO CONTO

15.4.26

"AS FAMILIAS CONTAN: ALEIXO E MARCOS"

Na actividade As Familias Contan, recibimos a MARCOS, pai de ALEIXO de 4ºA de Educación Infantil. Xuntos contáronlles aos nenos e nenas de 4º de Infantil tres dos seus contos favoritos: "Max e os superheroes", "O monstruo de Cores" e "A vaca que subiu a unha árbore". 




13.4.26

"VISITA DE ALBA DE EVÁN E ANDREA GARCÍA M."

Hoxe tivemos a sorte de recibir na Biblio de IRVI a visita de dúas escritoras de libros infantís e xuvenís: ALBA DE EVÁN, para o alumnado de 3º de primaria co que comentou o seu libro "Varetai, protectora de espíritos" e ANDREA GARCÍA, para o alumnado de 6º de primaria co seu libro "Animais fantásticos de aldea" coa que, ademais, puideron desfrutar dunha masterclass de ilustración. Con moita amabilidade as dúas asinaron os exemplares dos nenos e nenas.


Visita Alba De Eván
Visita Andrea García Biblio

9.4.26

"RESOLUCIÓN CONCURSO DE MURAIS"

Xa está resolto o Concurso de Murais convocado dende a Biblio de IRVI dentro do P.D.I. Irviaxe á Creatividade, para decorar o HORTO do patio de infantil e o ROCÓDROMO do patio de columnas. E aquí está o resultado do chulos que quedaron. 

Parabéns!!! a ALMA de 1ºA e AMELIA de 5ºA



Felicidades a todas e todos os participantes no concurso.