29.3.26

"II FEIRA EDUCATIVA EXPOURENSE"

O noso colexio estivo presente na II Feira Educativa en ExpOurense, amosando algunhas das actividades que se realizan no noso centro, así como o relacionado co P.D.I. Irviaxe á Creatividade que levamos a cabo neste curso.




"ESCRITURA CREATIVA"

O alumnado de 2º ciclo desfrutou esta semana dun Obradoiro de Escritura Creativa a cargo de Arancha Nogueira.





"RECOMENDACIÓNS LECTORAS 6ºB"

Novo capítulo de Recomendacións Lectoras do alumnado de 6ºB. Nesta ocasión dos meses de xaneiro e febreiro.


RECOMENDADIÓNS LECTORAS 6ºB

16.3.26

"SEMANA DA PRENSA"

Non hai mellor forma de festexar a Semana da Prensa, na segunda semana de marzo, que presentando o novo número do noso Xornal NOVAS VILLAR, realizado por algúns voluntari@s da nosa Biblioteca.



Tanto en educación infantil como en primaria, os nenos e nenas, a través de diferentes actividades, acercáronse ao mundo dos xornais e dos xornalistas.



11.3.26

"VISITA ERICA ESMORÍS"

Este martes recibimos na Biblio de IRVI a visita da escritora Érica Esmorís, para compartir co alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria a súa experiencia como autora de libros infantís e comentar as súas obras "Esta é a miña historia e terás que crela" e "Erin o lobo". Foron recomendacións da nosa Biblio para o Nadal que os nenos e nenas estiveron lendo estas semanas, e acudiron cos seus exemplares para que puidera dedicarllos.






9.3.26

"A BIBLIO CONciencia 25-26"

No mes de febreiro a Biblio de IRVI convírtese na Biblio CONciencia, con fin de conmemorar o Día da Muller e a Nena na ciencia. Todos os nenos e nenas do colexio transformáronse en pequenas e pequenos científicos.

A BIBLIO CONciencia 25-26

7.3.26

"P.D.I.: IRVIARTE Á CREATIVIDADE"

O alumnado de 1º ciclo de primaria asistiu a un obradoiro de deseño de bolsas reutilizables, contribuíndo así á concienciación sobre o cuidado do medio ambiente e a necesidade da reciclaxe.




6.3.26

"IRVIPATIO EN INFANTIL"

Estamos de estrea no patio de infantil co novo recuncho de IRVIPATIO. Moito desfrutaron os máis pequen@s do cole coa lectura á hora do recreo.



5.3.26

"ENCONTRO PLAMBE"

A Biblio de IRVI, coa súa coordinadora MERCHI, participando e formándose nos ENCONTROS PLAMBE, en Santiago.



2.3.26

"CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA"

Para festexar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o 23 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º recitou algúns dos seus poemas aos seus compañeir@s durante a Hora de Ler.