27.4.22

"ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO 2022"

 


Aínda que este ano o Día do libro coincidiu en fin de semana, no noso cole seguimos a realizar actividades para a súa conmemoración durantes estes días.

Os alumn@s de Ed. Infantil visitaron por primeira vez a Biblioteca de IRVI. 

Os nenos e nenas de 5ºB de Ed. I.  primeiro elixiron algún conto para "ler" sentados nos diferentes recunchos da Biblio.


E, despois, fixeron un debuxo do libro que escolleron.




Ademais, CHLOE quixo contarlle un conto aos seus compañeir@s de clase. 👌😍😍


Os alumn@s de 6ºA de Ed. Inf.  tamén gozaron moito da súa primeira visita á biblioteca do cole.



En 5ºA de Ed. Infantil, fixeron uns libriños sobre os seus contos favoritos e como é para eles unha biblioteca.





Os alumnos e alumnas do 1º Ciclo de Ed. Primaria expoñen estes días na nosa Biblioteca o conto "ATÉ AS PRINCESAS SOLTAN PEIDOS" (traducido ao galego polo EDLG do noso colexio, e que ilustraron entre tod@s, a partir da celebración do Día Internacional da Muller. 

Pinchade na imaxe da súa portada e poderes lelo e ver o bonito que lles quedou.



21.4.22

"II CERTAME DE POESÍA"

Xa temos a resolución do "II CERTAME DE POESÍA" convocado dende a Biblio de IRVI, neste curso adicado a Rosalía de CastroE aquí están os gañadores. 

PARABENS A TODAS E TODOS!!!


E estes son os seus fantásticos traballos:


E, por suposto, queremos felicitar a tod@s os participantes no Certame polo seu esforzo e imaxinación. Moitas grazas por participar. Aquí está a mostra do seu traballo.

1.4.22

"DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL"

Hoxe 2 de abril celebramos o "Día Internacional do Libro Infantil". Pinchando na seguinte imaxe poderedes coñecer máis cousas da orixe desta conmemoración.