19.6.19

"GRAZAS POR TODO"

Durante este curso, o Equipo da Biblioteca tivemos a sorte de contar cun grupo de "pequenos-grandes colaboradores", que nos axudaron moitísimo durante os recreos facendo o préstamo dos libros, colocando e facendo gardar a orde na Biblioteca. Algúns deles comezarán o curso que ven unha nova etapa na ESO, na que lle desexamos moitísima sorte. E con outros, esperamos seguir contando coa súa axuda o curso que ven. 
MOITAS GRAZAS CHICOS E CHICAS!!!!

(Merchi, Ángeles, Chus e Ana)


16.6.19

"CONTACONTOS BENXAMÍN"

Este venres puidemos disfrutar dunha nova actividade de fomento da lectura no noso cole. Foi un contacontos moi divertido a cargo de Benxamín, e promovido pola editorial Anaya, que nos fixo disfrutar moito coas súas historias e os seus debuxos.


2.6.19

"CONTACONTOS PABLO NOGUEIRA"

Este venres os alumnos-as de 1º e 2º de primaria disfrutaron dunha nova actividade de fomento da lectura. Neste caso foi o mestre e escritor Pablo Nogueira quen nos visitou para comentar con eles o seu libro "Nube Branca quere ser astronauta", que os nenos-as puideron ler durante este curso.