Amosando publicacións coa etiqueta As familias contan 24-25. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta As familias contan 24-25. Amosar todas as publicacións

15.6.25

"AS FAMILIAS CONTAN: LETICIA, ALTHEA E SENA"

E seguimos recibindo a familias que nos axudan a fomentar nos nenos e nenas o gusto  polos libros e a lectura, grazas ás súas sesións de contacontos. Nesta ocasión, Leticia, que é mamá de Althea de 3º de primaria e Sena de 6º de Infantil. Nos contaron dous contos preciosos e ademais, nos agasallaron cun deles para a nosa biblioteca, "ALOIA" de Ruth Froufe, unha compañeira mestra que se animou a escribir este conto sobre o acoso escolar para os máis pequenos. 

Moitas grazas polo agasallo!!!! 


AS FAMILIAS CONTAN

4.6.25

"AS FAMILIAS CONTAN: ALMA E MÓNICA"

Mónica, mamá de Alma de 6ºA de infantil, acompañounos nunha nova sesión da actividade "As familias contan" para todo o alumnado de infantil.



14.5.25

"AS FAMILIAS CONTAN: FAMILIA DE JORGE E CARLOS"

Esta semana nos visitaron a mamá e papá de Jorge de 6ºB de Infantil e Carlos de 4ºB  de infantil, que nos leron os seus contos favoritos: "Corre, corre cabaciña" e "Una mamá para Owen".


AS FAMILIAS CONTAN

30.3.25

"AS FAMILIAS CONTAN: UXÍA, LAURA, SONIA E CARLOS"

Esta semana a familia composta por Uxía de 6ºB de Infantil, Laura de 3ºA e os seus pais Sonia e Carlos, contaron e representaron o conto "A Cousa que máis doe do mundo" aos nenos e nenas de Infantil e 3º de Primaria . 

Moitas grazas !!!!


As familias contan: Uxía e Laura

17.12.24

"AS FAMILIAS CONTAN: ARI E BEATRIZ"

Esta semana de Nadal, tamén desfrutamos cunha contada a cargo das familias dos nosos alumn@s. Nesta ocasión recibimos a Beatriz, mamá de Ari de 6ºA de Infantil que nos narraron un conto moi propio destas festas, Expreso Polar.

 Moitas grazas!!!!


ARI E BEATRIZ

28.11.24

"AS FAMILIAS CONTAN: EIRA E UXÍA"

Seguimos coas contadas a cargo das familias do noso colexio. Nesta ocasión foron Eira de 2ºA de Primaria e a súa nai Uxía, as que lles contaron ao alumnado de 1º e 2º, algunhas das súas historias favoritas relacionadas coa conmemoración do 25N.



 

25.11.24

"AS FAMILIAS CONTAN: GALA, ANXO, MARA, SABELA, ANA E MARTA"

Aproveitando a conmemoración o 25 de novembro do Día Internacional contra a violencia contra as mulleres, Ana e Marta, nais e tía de 4 alumn@s do noso cole, Gala e Anxo de 6ºA de Infantil, Mara de 3ºB e Sabela de 4ºA de Primaria, quixeron contar e representar a historia de "Artur e Clementina" para o alumnado de Infantil e 3º e 4º de Primaria que o pasaron de marabilla.


AS FAMILIAS CONTAN: ANXO, GALA, MARA E SABELA

1.11.24

"AS FAMILIAS CONTAN: ANXO E MARTA"

Un curso máis, comezamos a recibir ás familias que queren compartir con nós os seus contos favoritos. Nesta ocasión visítanos de novo MARTA, mamá de ANXO de 6ºA de Infantil que, aproveitando a festa de Samaín, leunos o libro "Sete Monstros e un Gato" e, tamén, un dos libros favoritos dos nenos e nenas de todas as idades, "A Cebra Camila".


AS FAMILIAS CONTAN