Este curso dende a Biblio de IRVI, seguimos co proxecto "A BIBLIO CONCIENCIA". Con el quixemos implicar a todo o noso centro, dende Educación Infantil ata 6º curso de Primaria.
Comenzamos polos profes. Ao longo do curso, varias mestras do noso cole tamén aprendemos para logo ensinar aos nos@s alumnos e alumnas.
Durante este mes de maio, montamos a nosa exposición de libros de ciencia na Biblio de IRVI.
Os alumnos e alumnas de Ed. Primaria acudiron este mes á Biblioteca para desenvolver os obradoiros de ciencia: descubrir, investigar, experimentar.
Por que non se misturan as cores dos caramelos en auga?; xogar coa plastilina e circuitos eléctricos: por que se ilumina?; como conseguimos que se forme unha estrela con varios palillos sen tocalos coa man?
1º EDUCACIÓN PRIMARIA
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
Ningún comentario:
Publicar un comentario