Facemos unha paréntese no noso traballo como científic@s, facendo eses marabillosos experimentos que nos estades mandando, para lembrar que este domingo, día 17 de MAIO, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, neste ano adicado a RICARDO CARVALHO CALERO.
E, aínda que este ano, debido ás actuais circunstancias, celebrarémolo todos xunt@s no mes do outubro no cole, non queremos deixar pasar esta data tan importante e por iso, deixámosvos esta bonita montaxe interactiva onde poderedes atopar moitas actividades, vídeos e información sobre o autor conmemorado este ano 2020. E tamén, outra montaxe, na que pasando diferentes probas ao final resolveredes a pregunta secreta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario