14.5.25

"AS FAMILIAS CONTAN: FAMILIA DE JORGE E CARLOS"

Esta semana nos visitaron a mamá e papá de Jorge de 6ºB de Infantil e Carlos de 4ºB  de infantil, que nos leron os seus contos favoritos: "Corre, corre cabaciña" e "Una mamá para Owen".


AS FAMILIAS CONTAN

24.4.25

"DÍA DO LIBRO 2025"

Non hai mellor maneira que celebrar o Día do Libro que lendo un libro e así fixémolo hoxe, día 23 de abril, todos e todas a un tempo nos patios durante a Hora de Ler. Os voluntarios e voluntarias da Biblio de Irvi colaboraron nesta actividade léndolle aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de primaria algúns dos seus libros favoritos, e os demais cursos fixeron lectura individual. Ademais aproveitamos para entregar os agasallos aos gañadores e gañadora do V Certame de Poesía BiblioIrvi

Parabéns Triana, Iván e Érik!!!!


Ademais, Andrea e Alejandra de 5º quixeron volver a ler os seus libros a todo o alumnado de infantil nas aulas.




6.4.25

3.4.25

"DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO"

O 2 de abril conmemórase o Día Internacional de Concienciación sobre o Autismo. Por iso, o Profe Fernando estes días fixo un contacontos cheo de maxia aos alumnos e alumnas de Infantil e Primeiro Ciclo de primaria.


Presentación cuentos autismo

30.3.25

"AS FAMILIAS CONTAN: UXÍA, LAURA, SONIA E CARLOS"

Esta semana a familia composta por Uxía de 6ºB de Infantil, Laura de 3ºA e os seus pais Sonia e Carlos, contaron e representaron o conto "A Cousa que máis doe do mundo" aos nenos e nenas de Infantil e 3º de Primaria

Moitas grazas !!!!


As familias contan: Uxía e Laura