6.4.25

3.4.25

"DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO"

O 2 de abril conmemórase o Día Internacional de Concienciación sobre o Autismo. Por iso, o Profe Fernando estes días fixo un contacontos cheo de maxia aos alumnos e alumnas de Infantil e Primeiro Ciclo de primaria.


Presentación cuentos autismo

30.3.25

"AS FAMILIAS CONTAN: UXÍA, LAURA, SONIA E CARLOS"

Esta semana a familia composta por Uxía de 6ºB de Infantil, Laura de 3ºA e os seus pais Sonia e Carlos, contaron e representaron o conto "A Cousa que máis doe do mundo" aos nenos e nenas de Infantil e 3º de Primaria . 

Moitas grazas !!!!


As familias contan: Uxía e Laura

21.3.25

"TEMPO DE FORMACIÓN"

Merchi, coordinadora do Equipo de Biblioteca do noso cole, acudiu a Santiago aos Encontros PLAMBE. Seguimos formándonos para que a nosa Biblio de IRVI siga mellorando.


 

10.3.25

"EXPOSICIÓN NA BILIO DÍA DA MULLER"

Este luns inauguramos na Biblio a exposición organizada, con motivo do Día Internacional da Muller,  polo profe Fernando "Serás aquela que quixeches ser". A través de xoguetes, preséntanse as historias de  mulleres de todos os tempos que conseguiron ser aquelo que quixeron ser. 

EXPOSICIÓN BIBLIO 8M

3.3.25

"V CERTAME DE POESÍA BIBLIOIRVI"

Como cada mes de marzo, e con motivo da celebración o día 21 deste mes do Día da Poesía, na Biblio de Irvi convocamos o V Certame de Poesía Biblioirvi no noso colexio. Aquí presentamos as bases.





2.3.25

"CONTACONTOS EN INGLÉS 5º 6º PRIMARIA"

Aproveitando que estamos no Entroido, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, desfrutaron dunha representación en inglés do conto "The Carnival of animals", a cargo dos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, preparado xunto á súa teacher PATRICIA. 


Podedes ver o conto completo pinchando na seguinte imaxe