O noso colexio estivo presente na II Feira Educativa en ExpOurense, amosando algunhas das actividades que se realizan no noso centro, así como o relacionado co P.D.I. Irviaxe á Creatividade que levamos a cabo neste curso.
29.3.26
"ESCRITURA CREATIVA"
O alumnado de 2º ciclo desfrutou esta semana dun Obradoiro de Escritura Creativa a cargo de Arancha Nogueira.
"RECOMENDACIÓNS LECTORAS 6ºB"
Novo capítulo de Recomendacións Lectoras do alumnado de 6ºB. Nesta ocasión dos meses de xaneiro e febreiro.
18.3.26
"CLUB DE LECTURA BIBLIORVI"
Os nenos e nenas de 6ºA realizaron un Podcast do libro que estiveron lendo no Club de Lectura "Unha misión para Clara".
"NOVIDADES MARZO NA BIBLIOIRVI"
Durante este mes enchemos a nosa Biblio de novidades esperando aos lectores e lectoras do noso colexio.
16.3.26
"SEMANA DA PRENSA"
Non hai mellor forma de festexar a Semana da Prensa, na segunda semana de marzo, que presentando o novo número do noso Xornal NOVAS VILLAR, realizado por algúns voluntari@s da nosa Biblioteca.
11.3.26
"VISITA ERICA ESMORÍS"
Este martes recibimos na Biblio de IRVI a visita da escritora Érica Esmorís, para compartir co alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria a súa experiencia como autora de libros infantís e comentar as súas obras "Esta é a miña historia e terás que crela" e "Erin o lobo". Foron recomendacións da nosa Biblio para o Nadal que os nenos e nenas estiveron lendo estas semanas, e acudiron cos seus exemplares para que puidera dedicarllos.



