31.1.26

"CONCURSO DE MURAIS"

Como parte do P.D.I. deste curso Irviaxe á Creatividade, dende a Biblioteca, convocamos para o alumnado de primaria, un concurso de murais para decorar o Rocódromo do Patio de columnas e o Horto do Patio de Infantil. Animádevos a participar!!!



"AS FAMILIAS CONTAN: ALANA E PAULA"

Seguimos desfrutando coas contadas dos nosos alumn@s e as súas familias, como a de ALANA, de 6ºB de Infantil, coa súa mamá PAULA, con dous marabillosos libros: "A Viaxe das bolboretas"  e "O Elefante que perdeu un ollo"



16.1.26

"AS FAMILIAS CONTAN: CARMEN E BRATE"

Esta vez recibimos a Carmen, mamá de Brate de 4ºA de infantil, que fixo desfrutar a todo o alumnado de infantil contándonos tres dos seus contos favoritos: Oso e máis eu, Corre, corre cabaciña e Unha gran sorpresa.



24.12.25

"FELICES FESTAS"

Os voluntarios e voluntarias da nosa Biblio de IRVI desexan a toda a comunidade educativa do CEIP Irmáns Villar unhas Felices Festas.







"ENTREGA PREMIOS CONCURSO POSTAL DE NADAL"

Xa é un clásico no noso colexio o Concurso de Postais de Nadal convocado dende a Biblio de IRVI, e aproveitamos a Festa de Nadal do último día para facer entrega dos agasallos aos premiados. 


GAÑADOR@S


FINALISTAS



"TELESEXTO"

O alumnado de 6ºB realizou o seu propio noticieiro coas novas máis importantes deste Nadal no CEIP Irmáns Villar.


Diseño

21.12.25

"UN LIBRO POLO NADAL"

Como cada Nadal, aquí deixamos as nosas recomendacións lectoras para incluír nas  nas nosas cartas de petición de agasallos.