26.6.23
"TELECOCIÑA"
Agora, que chegaron as vacacións, os alumnos e alumnas de 5ºB queren compartir con nós algunhas das súas receitas favoritas para que practiquemos na casa. Pincha na imaxe e poderás acceder aos diferentes vídeos.
Este é o TELECOCIÑA DO IRMÁNS VILLAR
19.6.23
"AS FAMILIAS CONTAN: EIRA E UXÍA"
Recibimos a visita de EIRA e a súa nai UXÍA, para rematar por este curso a actividade "As familias contan". Esperámosvos o vindeiro curso.
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR COMPARTIR CON NÓS OS SEUS LIBROS FAVORITOS!!
14.6.23
"DESPEDIMOS AOS NOSOS VOLUNTARI@S"
26.5.23
"VISITA XABIER DOMÍNGUEZ"
Esta semana foron os alumnos de 5º e 6º de Primaria os que puideron desfrutar da visita do escritor e mestre Xabier Domínguez, que veu comentar con eles e elas o seu libro "Maxia de Pedra", proposto dende a Biblioteca nas Recomendacións Literarias do Nadal, e que leron tamén no colexio, e tamén lles contou moitas cousas interesantes máis da súa faceta de escritor e editor.
12.5.23
"AS FAMILIAS CONTAN: SANDRA, HUGO E CHLOÉ"
Esta semana a "Profe" Sandra participou na actividade "As familias Contan". Xunto cos seus fill@s Hugo e Chloé, de 3º de Primaria e 5º de Infantil, fíxonos desfrutar coa narración dos contos "Voy a comedte" e "Pápote a bicos".
10.5.23
"VISITA ÉRICA ESMORÍS"
O alumnado de 3º e 4º desfrutaron este martes da visita da escritora ÉRICA ESMORÍS, coa que comentaron o seu libro Patio de Luces, que leron durante este curso e falaron de moitas outras anécdotas e historias relacionadas co seu traballo de escritora.



