26.10.22
"COMEZA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS DA BIBLIO DE IRVI"
"PRIMEIRO DÍA DE PRÉSTAMO PARA OS ALUMNO@S DE 6º DE INFANTIL"
Os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil apúntanse ao préstamo na Biblioteca de IRVI. Creando futuros GRANDES LECTORES.
12.10.22
"PRIMEIRA EXPOSICIÓN DE NOVIDADES NA BIBLIO DE IRVI"
Hai un días xa comezamos o préstamo na BIBLIO DE IRVI e agora empezan a chegar as novidades ao noso expositor para os nosos curiosos lectores. Estas son as do mes de Outubro.
10.10.22
“BUSCANDO AOS VOLUNTARI@S DA BIBLIO DE IRVI”
Este curso, despois da volta á normalidade na biblio tralas medidas anti COVID, retomamos unha das nosas actividades favoritas: formar os equipos de voluntari@s na biblioteca durante os recreos. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º tiñan moitas gañas de poder axudar a IRVI, así que xa podedes apuntaros na lista.
24.6.22
19.6.22
"CONTACONTOS SABELA GAGO 1º CICLO"
Xa cerca do final de curso recibimos no noso cole a visita da gran actriz e contadora de contos ourensá SABELA GAGO, que fixo gozar e divertirse a tope aos alumnos-as de 1º e 2º de Ed. Primaria.
5.6.22
"SESIÓN DE KAMISHIBAI 2º ED. PRIMARIA"
Os alumn@s de 2º de Ed. primaria durante estas últimas semanas prepararon unha sesión de KAMISHIBAI. Esta palabra tan rara ven do xaponés, xa que nese país é moi popular esta forma de contar os contos. É como un "Teatro de papel".
Nesta ocasión quixeron compartilo cos nenos e nenas das clases de Ed. Infantil.






