21.12.21
"CONCURSO POSTAIS DE NADAL 2021"
Aquí están os Gañadores e Finalistas do Concurso de Postais de Nadal deste ano recibindo os seus premios. Parabéns a todos e todas e tamén a todos os participantes!!!!!!
"RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2021"
Como cada Nadal, dende o Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística, queremos deixarvos as nosas Recomendacións Lectoras para incluílas nas vosas cartas ao Apalpador, Reis Magos ou Papá Noel.
30.11.21
“APRENDEMOS SOBRE O MAGOSTO”
Os alumn@s de 4º B elaboraron este bonito libro entre todos sobre O MAGOSTO, festa con tanta tradición na nosa cidade.
31.10.21
"VISITAS POLO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS"
Durante esta semana quixemos que todos os alumn@s de Primaria do noso cole visitaran a Biblio de IRVI para lembrar que hai uns días celebrabamos o Día Internacional das Bibliotecas.
24.10.21
"DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS"
Como cada 24 de outubro, hoxe celebramos o "Día Internacional das Bibliotecas". Pinchando na seguinte imaxe podedes acceder a información sobre esta conmemoración.
E, nesta interesante reportaxe coñecemos algunhas das Bibliotecas máis importantes e fermosas destruídas ao longo da historia.
21.10.21
"COMEZAMOS A VIAXE!"
Xa comezaron a visitar as casas de todos os alumnos e alumnas do noso cole as "Mochilas Viaxeiras", cargadas de aventuras dende a Biblio de IRVI. Así de contentos marcharon os máis pequenos de Educación infantil, cargados con elas.