20.3.20

"TEMPO DE CORENTENA, TEMPO DE LECTURA"

Neste tempo que temos que quedar na casa, podemos aproveitar para viaxar coa nosa imaxinación a través da lectura. Xa que non podemos ofreceros a posibilidade de vir á nosa Biblioteca, IRVI, ofrécevos algunhas opcións para poder ler na vosa casa a través destas bibliotecas dixitais: 




SELECCIÓN LIBROS PDF POR IDADES

(Podedes descargalos nos vosos ordenadores)




Neste tempo de corentena moitas editorias nos ofrecen a posibilidade de descargar libros para pasar este tempo máis divertido:
Baía Edicións con vos na casa
O PAPAGALO

Outros enlaces para acceder a moitas historias máxicas a través da rede:

BIBLIOTECA DIXITAL ILCE






E LEMBRA:


TODO VAI SAÍR BEN!!!!

ÁNIMO, PRONTO NOS VEREMOS!



8.3.20

"DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

Con motivo da celebración o 8 de Marzo do "Día Internacional da Muller" o noso cole, e por suposto a nosa Biblio engalanouse como se merece para festexalo.




Ademais, durante estes días, e para conmemorar esta celebración, asistimos no salón de actos do noso cole a dúas actividades promovidas polo Programa de Igualdade no que está inmerso o noso centro.

A obra de Teatro "O BARQUIÑO DE PAU" de BAOBAB Teatro, para Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria:


E o contacontos "AMOR, CORTES E FERIDAS", contado por ISEO A MOURA, para o alumnado de 3º a 6º de Primaria.



5.3.20

"OBRADOIRO BANDA DESEÑADA"

Os alumnos e alumnas de 5º A recibiron este martes a visita de IDOIA LUXÁN, debuxante e guionista de Banda Deseñada, que lles impartiu unha emocionante clase de como crear as súas historias ilustradas con viñetas. 

 

"OBRADOIRO BANDA DESEÑADA" by Slidely Photo Gallery

28.2.20

25.2.20

"VIVA O ENTROIDO"

Este entroido, dende os equipos de actividades extraescolares e o equipo de Biblioteca, propuxemos un concurso de disfraces con material de refugallo. O xurado tívoo moi complicado para elexir, pero aquí están os premiados. Tiveron como agasallo un bonito libro relacionado coas tradicións e costumes da nosa terra.

EDUCACIÓN INFANTIL:


EDUCACIÓN PRIMARIA

19.2.20

"DÍA DE ROSALÍA"

O 24 de febreiro,  celebramos o Día de Rosalía. Celebramos o 183 aniversario do seu nacemento. Como neste curso, estaremos disfrutando do Entroido, xa colocamos na Biblio de IRVI o noso particular homenaxe á nosa autora máis célebre con algunhas das súas obras que temos na nosa Biblio.