24.11.19

"25 N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

O luns, todos e todas saímos ao patio para expresar que non queremos máis violencia de xénero na nosa sociedade.


Podedes ver máis fotos do acto na Galería da páxina web do cole, pinchando no seguinte enlace.


Na BIBLIO DE IRVI, colocamos no noso expositor libros relacionados con este día.


"O NOSO PRIMEIRO PRÉSTAMO NA BIBLIO DE IRVI"

Aínda que na súa etapa como alumnos-as de Ed. Infantil, xa disfrutaron dos libros da nosa Biblioteca nas súas aulas, neste curso, como alumnos-as de 1º de primaria, acudiron por primeira vez á Biblio de IRVI para levar libros para a súa casa.


10.11.19

"CONTACONTOS DE MEDO NA BIBLIOTECA"

Debido á celebración do Samaín, este curso, todos os alumnos-as do noso cole asistiron a un contacontos por parte dos nenos e nenas de 5º de primaria dalgúns dos libros de medo que temos na Biblioteca de Irvi. Estes contacontos foron na maioría dos casos na Biblioteca, menos os alumnos-as de 4º e 5º de Ed. Infantil que o disfrutaron nas súas aulas.


"Contacontos de medo no Samaín" by Slidely Photo Gallery

16.10.19

"BUZÓN DE SUXERENCIAS"

A partir deste curso, temos na Biblio de Irvi unha caixa de suxerencias para que todos os membros da nosa comunidade educativa (alumnos e alumnas, mestras e mestres...), poidan aportar ideas para incorporar á nosa Biblioteca como novos libros, actividades, etc.


15.10.19

"AXUDANTES DA BIBLIO DE IRVI CURSO 19-20"

Neste curso contamos na Biblio do CEIP P. Irmáns Villar coa axuda de varios alumnos-as de 6º de primaria. Algúns deles repiten e outros-as son novas incorporacións. 
Benvidos-as a todos-as e moitas grazas pola vosa colaboración!


14.10.19

"CAMPAÑA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO"

A Biblioteca convertiuse nun lugar no que traballamos na campaña contra o cambio climático e a favor da protección do noso planeta. Durante os recreos alumnos e alumnas de diferentes cursos elaboraron carteis para reinvindicar a toma de medidas para coidar e protexer o noso planeta.


12.10.19

"TAMÉN SOMOS ESCRITORES"

Iniciamos un novo curso e non hai mellor forma de facelo que colocando no noso expositor da Biblio de Irvi os libros creados polos nosos alumnos e alumnas durante cursos pasados. Porque eles e elas tamén son escritores.