Non hai mellor forma de festexar a Semana da Prensa, na segunda semana de marzo, que presentando o novo número do noso Xornal NOVAS VILLAR, realizado por algúns voluntari@s da nosa Biblioteca.
16.3.26
"SEMANA DA PRENSA"
11.3.26
"VISITA ERICA ESMORÍS"
Este martes recibimos na Biblio de IRVI a visita da escritora Érica Esmorís, para compartir co alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria a súa experiencia como autora de libros infantís e comentar as súas obras "Esta é a miña historia e terás que crela" e "Erin o lobo". Foron recomendacións da nosa Biblio para o Nadal que os nenos e nenas estiveron lendo estas semanas, e acudiron cos seus exemplares para que puidera dedicarllos.
9.3.26
"A BIBLIO CONciencia 25-26"
No mes de febreiro a Biblio de IRVI convírtese na Biblio CONciencia, con fin de conmemorar o Día da Muller e a Nena na ciencia. Todos os nenos e nenas do colexio transformáronse en pequenas e pequenos científicos.
7.3.26
"P.D.I.: IRVIAXE Á CREATIVIDADE"
O alumnado de 1º ciclo de primaria asistiu a un obradoiro de deseño de bolsas reutilizables, contribuíndo así á concienciación sobre o cuidado do medio ambiente e a necesidade da reciclaxe.
6.3.26
"IRVIPATIO EN INFANTIL"
Estamos de estrea no patio de infantil co novo recuncho de IRVIPATIO. Moito desfrutaron os máis pequen@s do cole coa lectura á hora do recreo.
5.3.26
"ENCONTRO PLAMBE"
A Biblio de IRVI, coa súa coordinadora MERCHI, participando e formándose nos ENCONTROS PLAMBE, en Santiago.
2.3.26
"CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA"
Para festexar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o 23 de febreiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º recitou algúns dos seus poemas aos seus compañeir@s durante a Hora de Ler.




