Volven ao noso blog as recomendacións lectoras dos nosos lectores máis expertos. Nesta ocasión é o alumnado de 6ºB o que nos fala dalgúns dos seus libros favoritos.
11.11.25
"RECOMENDACIÓNS LECTORAS"
6.11.25
"IRVIPATIO"
Estes días estreamos o IRVIPATIO, dentro do Programa de Patios Dinámicos que empezou a funcionar no noso colexio durante os recreos. Os nenos e nenas poden desfrutar da lectura no patio no tempo de lecer.
"CONTOS DE MEDO POR SAMAÍN"
Unha das actividades que máis desfrutan os nosos voluntarios e voluntarias é a de contadores de historias aos seus compañeiros e compañeiras de colexio. No SAMAÍN, non poden ser outras que os...
CONTOS DE MEDO
24.10.25
"DÍA DAS BIBLIOTECAS: MOCHILAS VIAXEIRAS"
Non hai mellor forma de celebrar o Día das Bibliotecas, que repartindo as nosas Mochilas Viaxeiras por primeira vez neste curso. Os nenos e nenas que lles tocaba, levárona para casa con moitas gañas de desfrutar dos libros que ían nelas, despois de que os voluntari@s as entregaran polas aulas.
19.10.25
"EXPOSITOR LIBROS SAMAÍN"
Xa se acerca o Samaín e, na nosa BiblioIRVI, xa temos preparado o expositor temático con libros terroríficos. Atrévete a levalos!!!
8.10.25
"VOLUNTARI@S BIBLIOIRVI 25-26"
Un curso máis, contamos cun gran número de voluntarios e voluntarias de 5º e 6º na nosa Biblio, dentro do programa de Bibliotecas Solidarias. Este curso máis que nunca.
Moitas grazas!!!!!
2.7.25
“FIN DE CURSO VOLUNTARI@S BIBLIOIRVI”
Como todos os cursos, quixemos agradecer cun pequeno agasallo a axuda dos voluntari@s da nosa biblioteca, algúns deles nos deixan para sempre porque rematan a súa etapa no noso colexio, aos demais agardámolos no vindeiro curso.
Felices vacacións a todos e todas!!!!







