3.3.25

"V CERTAME DE POESÍA BIBLIOIRVI"

Como cada mes de marzo, e con motivo da celebración o día 21 deste mes do Día da Poesía, na Biblio de Irvi convocamos o V Certame de Poesía Biblioirvi no noso colexio. Aquí presentamos as bases.





2.3.25

"CONTACONTOS EN INGLÉS 5º 6º PRIMARIA"

Aproveitando que estamos no Entroido, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, desfrutaron dunha representación en inglés do conto "The Carnival of animals", a cargo dos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, preparado xunto á súa teacher PATRICIA. 


Podedes ver o conto completo pinchando na seguinte imaxe




21.2.25

"DÍA DE ROSALÍA"

O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, conmemorando a data do seu aniversario. Xa que este ano cadra a domingo, no noso cole adiantámonos a dita celebración co recitado da súa poesía a cargo do alumnado de 6º de primaria, e elaborando entre todos un mural para lembrar á nosa escritora máis universal

Diseño

9.2.25

"OBRADOIRO DE MAXIA"

Seguimos cos nosos Obradoiros de Maxia na Biblio para todo o alumnado do colexio. Aquí están as imaxes das sesións dos grupos de 3º de Primaria.



31.1.25

"DÍA INTERNACIONAL DA MAXIA"

 O 31 de xaneiro celébrase en todo o mundo o Día da Maxia, e este ano, quixemos conmemoralo dunha forma especial dende a Biblio de IRVI. Todo o alumnado do noso colexio está desfrutando durante estas semanas de dunha sesión de maxia grazas ao Profe Fernando, MAGO CHIRLETA.


DÍA DA MAXIA

E, durante os recreos, desfrutando do Recuncho da Maxia na Biblio de IRVI.


"CONTACONTOS DÍA DA PAZ 4º INFANTIL"

O alumnado de 4º de Infantil desfrutou conxuntamente dunha contada do libro "Imaxinando un mundo novo" o Día da Paz.



17.1.25

"ESCOLA DE MAXIA"

Este mes celébrase o Día da Maxia e, para comezar, esta semana tivemos a presentación da "Escola de Maxia" no noso colexio, grazas ao noso Profe Fernando, MAGO CHIRLETA. Nesta ocasión foi o alumnado de 2º de Primaria o afortunado. Nos vindeiros días tamén desfrutará desta actividade o resto dos nosos alumn@s.