9.11.22

"UN PRECIOSO CONTACONTOS CON ASANOG"

Tivemos a sorte de recibir para os alumn@s de Educación Infantil a visita de ASANOG (Asociación de Axuda a Nen@s Oncolóxicos de Galicia). A través do conto de "Gasparín", Lucía e Spiderman Vigo nos explicaron un pouco máis da realidade destes nenos e nenas durante a súa enfermidade e, grazas a eles, todos xuntos celebramos que o noso alumno Super Daniel conseguiu vencer á enfermidade.

PARABENS!!!




6.11.22

"NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS"

Como todos os meses de novembro en todas as Bibliotecas de Galicia celebramos o Mes da Ciencia en Galego. Xa temos preparada na nosa Biblioteca a exposición con algúns dos libros que temos relacionados con este tema. E, ademais, deixámosvos este enlace para que poidades ver todas as actividades que se van facer na Biblioteca da nosa cidade.





2.11.22

"CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN NA BIBLIO DE IRVI"

Este curso, por fin puidemos volver a realizar na Biblio de IRVI a actividade de "Contos de Medo polo Samaín". Os alumnos e alumnas de  5 e 6º de primaria contáronlles contos aos seus compañeir@s de Ed. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. Fixérono de marabilla, PARABENS!!!!

















26.10.22

"COMEZA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS DA BIBLIO DE IRVI"

Este luns 24 de outubro, coincidindo coa celebración do Día das Bibliotecas, comezamos coa actividade das Mochilas Viaxeiras. Alumn@s de todos os grupos do noso cole marcharon moi content@s para casa coa mochila nas costas, desexando abrila para vivir as mil aventuras que contén nos seus libros.


"PRIMEIRO DÍA DE PRÉSTAMO PARA OS ALUMNO@S DE 6º DE INFANTIL"

Os  nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil apúntanse ao préstamo na Biblioteca de IRVI. Creando futuros GRANDES LECTORES. 



12.10.22

"PRIMEIRA EXPOSICIÓN DE NOVIDADES NA BIBLIO DE IRVI"

Hai un días xa comezamos o préstamo na  BIBLIO DE IRVI e agora empezan a chegar as novidades ao noso expositor para os nosos curiosos lectores. Estas son as do mes de Outubro.



10.10.22

“BUSCANDO AOS VOLUNTARI@S DA BIBLIO DE IRVI”

Este curso, despois da volta á normalidade na biblio tralas medidas anti COVID, retomamos unha das nosas actividades favoritas: formar os equipos de voluntari@s na biblioteca durante os recreos. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º tiñan moitas gañas de poder axudar a IRVI, así que xa podedes apuntaros na lista.