7.10.26

"PRIMEIRA SEMANA NA BIBLIO"

Esta semana os membros do equipo da Biblioteca realizaron as sesións de formación de usuarios, nesta ocasión moi necesaria, non só para o novo alumnado, senón tamén para o resto debido á nova distribución dos libros que estamos levando a cabo.


Ademais, tamén esta semana todo o alumnado do cole xa pode desfrutar da BiblioIRVI, no tempo de lecer.



18.6.26

"MOITAS GRAZAS VOLUNTARI@S BIBLIOIRVI"

Esta semana despedimos cun pequeno agasallo por este curso aos voluntari@s da nosa Biblio, algúns definitivamente porque marchan para o Instituto. 

MOITAS GRAZAS!!!


 

14.6.26

"CHARLA PASO A PRIMARIA"

Dous voluntari@s da nosa Biblioteca, Sandra e Brayan, quixeron compartir cos nenos e nenas de 6º de infantil as súas experiencias sobre o paso a primaria.



5.6.26

"INAUGURACIÓN MOSTRA IRVIAXE Á CREATIVIDADE"

Hoxe abrimos as portas da Mostra "Irviaxe á Creatividade", produto final do P.D.I. que levamos a cabo ao longo de todo o curso. Recibimos a visita da Directora Xeral de Innovación Educativa, Inspectora do noso centro, Asesora de Bibliotecas Escolares, Directora e asesor do CFR e representantes da ANPA, que pasearon polas distintas zonas da MOSTRA. Moitas graza pola súa visita e os vindeiros martes, esperamos a todas as familias dos noso alumnos e alumnas.


MOSTRA "IRVIAXE Á CREATIVIDADE"