O alumnado de infantil despediu o curso disfrutando dun contacontos en inglés a cargo de varias alumnas de 6º de primaria que prepararon coa súa teacher Patricia.
25.6.25
23.6.25
"OBRADOIROS VOLUNTARIADO BIBLIOIRVI"
Por segunda vez, o noso colexio foi un dos centros seleccionados para desfrutar dunha das 10 experiencias de voluntariado da Biblioteca Escolar para toda Galicia. Os nosos voluntarios e voluntarias tiveron a sorte de aprender e divertirse con dous fantásticos obradoiros a cargo de dous grandes profesionais. Charo Pita, que lles ensinou moito sobre a Narración Oral, e Pablo Otero con Abrapalabra, no que xogaron a través das palabras.
15.6.25
"AS FAMILIAS CONTAN: LETICIA, ALTHEA E SENA"
E seguimos recibindo a familias que nos axudan a fomentar nos nenos e nenas o gusto polos libros e a lectura, grazas ás súas sesións de contacontos. Nesta ocasión, Leticia, que é mamá de Althea de 3º de primaria e Sena de 6º de Infantil. Nos contaron dous contos preciosos e ademais, nos agasallaron cun deles para a nosa biblioteca, "ALOIA" de Ruth Froufe, unha compañeira mestra que se animou a escribir este conto sobre o acoso escolar para os máis pequenos.
Moitas grazas polo agasallo!!!!
4.6.25
"AS FAMILIAS CONTAN: ALMA E MÓNICA"
Mónica, mamá de Alma de 6ºA de infantil, acompañounos nunha nova sesión da actividade "As familias contan" para todo o alumnado de infantil.