12.12.25

"GRAN ESTREA DO XORNAL NOVAS VILLAR"

Xa está rematado e listo o primeiro número, do mes de novembro, do xornal NOVAS VILLAR, feito por alumnado de 5º e 6º, voluntario da nosa Biblio de IRVI. 

PARABÉNS A TODAS E TODOS!!!

11.12.25

"AS FAMILIAS CONTAN: SULA E ANTONIO"

Esta semana na Biblio de IRVI, desfrutamos dunha nova sesión das "Familias Contan". Volveron Sula de 3ºB e o seu pai, Antonio, lernos un dos seus libros favoritos, "El Pequeño Robot de madera y la Princesa Tronco", nesta ocasión, ao alumnado de 2º e 3º de Primaria.


AS FAMILIAS CONTAN: SULA E ANTONIO

4.12.25

"AS FAMILIAS CONTAN"

Un curso máis, no noso colexio recibimos encantadas ás familias que participan na actividade "AS FAMILIAS CONTAN". Nesta ocasión foi Clara, de 6ºA de Infantil acompañada dos seus pais, contándonos o conto Bill y Janet


As familias contan: Clara 5 anos A

1.12.25

"OBRADOIRO DE CHOCOLATE"

O alumnado de varios grupos de primaria desfrutaron, na Biblio de IRVI, dos segredos do chocolate grazas á mestra Loli, con tradición familiar chocolateira.




27.11.25

"PREPARANDO O XORNAL NOVAS VILLAR"

Cada vez está máis preto o estreno do xornal "NOVAS VILLAR", promovido por dúas alumnas voluntarias da nosa Biblio de IRVI, Vera e Paula. Esta semana xa fixeron as audicións para seleccionar aos seus compañeiros e compañeiras "xornalistas".



"VIVAN AS UÑAS DE CORES"

Traballando a diversidade, no grupo de 1ºB, na semana do Día Internacional contra a violencia de xénero, a través do conto "Vivan las uñas de colores".



26.11.25

"GAÑADORA CONCURSO LEMA 25 N"

Dentro do Proxecto Documental IRVIAXE Á CREATIVIDADE, convocamos un concurso para escoller o lema que plasmamos nas  camisetas que levamos para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de Xénero, e tamén, o Día Internacional da Muller o 8 de marzo. Nesta ocasión a gañadora foi SABELA ATANES REY de 5ºA.

Parabéns!!!!



19.11.25

"ATENCIÓN, ATENCIÓN..."

Dúas das nosas voluntarias da BiblioIRVI, tiveron a gran idea de facer un xornal para informar das noticias máis importantes do colexio. Xa empezaron a anuncialo e a buscar colaboradores. Estamos desexando que apareza o primeiro número.

Moi pronto no noso colexio o xornal "NOVAS VILLAR"




11.11.25

"RECOMENDACIÓNS LECTORAS"

Volven ao noso blog as recomendacións lectoras dos nosos lectores máis expertos. Nesta ocasión é o alumnado de 6ºB o que nos fala dalgúns dos seus libros favoritos. 


Class Orientation Presentation for Grade School in Colorful Background Style

6.11.25

"IRVIPATIO"

Estes días estreamos o IRVIPATIO, dentro do Programa de Patios Dinámicos que empezou a funcionar no noso colexio durante os recreos. Os nenos e nenas poden desfrutar da lectura no patio no tempo de lecer.



"CONTOS DE MEDO POR SAMAÍN"

Unha das actividades que máis desfrutan os nosos voluntarios e voluntarias é a de contadores de historias aos seus compañeiros e compañeiras de colexio. No SAMAÍN, non poden ser outras que os...

CONTOS DE MEDO



CONTOS DE MEDO SAMAÍN 2025

24.10.25

"DÍA DAS BIBLIOTECAS: MOCHILAS VIAXEIRAS"

Non hai mellor forma de celebrar o Día das Bibliotecas, que repartindo as nosas Mochilas Viaxeiras por primeira vez neste curso. Os nenos e nenas que lles tocaba, levárona para casa con moitas gañas de desfrutar dos libros que ían nelas, despois de que os voluntari@s as entregaran polas aulas.








19.10.25

"EXPOSITOR LIBROS SAMAÍN"

Xa se acerca o Samaín e, na nosa BiblioIRVI, xa temos preparado o expositor temático con libros terroríficos. Atrévete a levalos!!!



8.10.25

"VOLUNTARI@S BIBLIOIRVI 25-26"

Un curso máis, contamos cun gran número de voluntarios e voluntarias de 5º e 6º na nosa Biblio, dentro do programa de Bibliotecas Solidarias. Este curso máis que nunca. 

Moitas grazas!!!!!



2.7.25

“FIN DE CURSO VOLUNTARI@S BIBLIOIRVI”

Como todos os cursos, quixemos agradecer cun pequeno agasallo a axuda dos voluntari@s da nosa biblioteca, algúns deles nos deixan para sempre porque rematan a súa etapa no noso colexio, aos demais agardámolos no vindeiro curso. 

Felices vacacións a todos e todas!!!!



25.6.25

“CONTACONTOS EN INGLÉS “

O alumnado de infantil despediu o curso disfrutando dun contacontos en inglés a cargo de varias alumnas de 6º de primaria que prepararon coa súa teacher Patricia.



23.6.25

"OBRADOIROS VOLUNTARIADO BIBLIOIRVI"

Por segunda vez, o noso colexio foi un dos centros seleccionados para desfrutar dunha das 10 experiencias de voluntariado da Biblioteca Escolar para toda Galicia. Os nosos voluntarios e voluntarias tiveron a sorte de aprender e divertirse con dous fantásticos obradoiros a cargo de dous grandes  profesionais. Charo Pita, que lles ensinou moito sobre a Narración Oral, e Pablo Otero con Abrapalabra, no que xogaron a través das palabras.




15.6.25

"AS FAMILIAS CONTAN: LETICIA, ALTHEA E SENA"

E seguimos recibindo a familias que nos axudan a fomentar nos nenos e nenas o gusto  polos libros e a lectura, grazas ás súas sesións de contacontos. Nesta ocasión, Leticia, que é mamá de Althea de 3º de primaria e Sena de 6º de Infantil. Nos contaron dous contos preciosos e ademais, nos agasallaron cun deles para a nosa biblioteca, "ALOIA" de Ruth Froufe, unha compañeira mestra que se animou a escribir este conto sobre o acoso escolar para os máis pequenos. 

Moitas grazas polo agasallo!!!! 


AS FAMILIAS CONTAN

4.6.25

"AS FAMILIAS CONTAN: ALMA E MÓNICA"

Mónica, mamá de Alma de 6ºA de infantil, acompañounos nunha nova sesión da actividade "As familias contan" para todo o alumnado de infantil.



14.5.25

"AS FAMILIAS CONTAN: FAMILIA DE JORGE E CARLOS"

Esta semana nos visitaron a mamá e papá de Jorge de 6ºB de Infantil e Carlos de 4ºB  de infantil, que nos leron os seus contos favoritos: "Corre, corre cabaciña" e "Una mamá para Owen".


AS FAMILIAS CONTAN

24.4.25

"DÍA DO LIBRO 2025"

Non hai mellor maneira que celebrar o Día do Libro que lendo un libro e así fixémolo hoxe, día 23 de abril, todos e todas a un tempo nos patios durante a Hora de Ler. Os voluntarios e voluntarias da Biblio de Irvi colaboraron nesta actividade léndolle aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de primaria algúns dos seus libros favoritos, e os demais cursos fixeron lectura individual. Ademais aproveitamos para entregar os agasallos aos gañadores e gañadora do V Certame de Poesía BiblioIrvi

Parabéns Triana, Iván e Érik!!!!


Ademais, Andrea e Alejandra de 5º quixeron volver a ler os seus libros a todo o alumnado de infantil nas aulas.




6.4.25

3.4.25

"DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO"

O 2 de abril conmemórase o Día Internacional de Concienciación sobre o Autismo. Por iso, o Profe Fernando estes días fixo un contacontos cheo de maxia aos alumnos e alumnas de Infantil e Primeiro Ciclo de primaria.


Presentación cuentos autismo

30.3.25

"AS FAMILIAS CONTAN: UXÍA, LAURA, SONIA E CARLOS"

Esta semana a familia composta por Uxía de 6ºB de Infantil, Laura de 3ºA e os seus pais Sonia e Carlos, contaron e representaron o conto "A Cousa que máis doe do mundo" aos nenos e nenas de Infantil e 3º de Primaria

Moitas grazas !!!!


As familias contan: Uxía e Laura

21.3.25

"TEMPO DE FORMACIÓN"

Merchi, coordinadora do Equipo de Biblioteca do noso cole, acudiu a Santiago aos Encontros PLAMBE. Seguimos formándonos para que a nosa Biblio de IRVI siga mellorando.


 

10.3.25

"EXPOSICIÓN NA BILIO DÍA DA MULLER"

Este luns inauguramos na Biblio a exposición organizada, con motivo do Día Internacional da Muller,  polo profe Fernando "Serás aquela que quixeches ser". A través de xoguetes, preséntanse as historias de  mulleres de todos os tempos que conseguiron ser aquelo que quixeron ser. 

EXPOSICIÓN BIBLIO 8M

3.3.25

"V CERTAME DE POESÍA BIBLIOIRVI"

Como cada mes de marzo, e con motivo da celebración o día 21 deste mes do Día da Poesía, na Biblio de Irvi convocamos o V Certame de Poesía Biblioirvi no noso colexio. Aquí presentamos as bases.





2.3.25

"CONTACONTOS EN INGLÉS 5º 6º PRIMARIA"

Aproveitando que estamos no Entroido, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, desfrutaron dunha representación en inglés do conto "The Carnival of animals", a cargo dos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, preparado xunto á súa teacher PATRICIA


Podedes ver o conto completo pinchando na seguinte imaxe




21.2.25

"DÍA DE ROSALÍA"

O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, conmemorando a data do seu aniversario. Xa que este ano cadra a domingo, no noso cole adiantámonos a dita celebración co recitado da súa poesía a cargo do alumnado de 6º de primaria, e elaborando entre todos un mural para lembrar á nosa escritora máis universal

Diseño

9.2.25

"OBRADOIRO DE MAXIA"

Seguimos cos nosos Obradoiros de Maxia na Biblio para todo o alumnado do colexio. Aquí están as imaxes das sesións dos grupos de 3º de Primaria.



31.1.25

"DÍA INTERNACIONAL DA MAXIA"

 O 31 de xaneiro celébrase en todo o mundo o Día da Maxia, e este ano, quixemos conmemoralo dunha forma especial dende a Biblio de IRVI. Todo o alumnado do noso colexio está desfrutando durante estas semanas de dunha sesión de maxia grazas ao Profe Fernando, MAGO CHIRLETA.


DÍA DA MAXIA

E, durante os recreos, desfrutando do Recuncho da Maxia na Biblio de IRVI.


"CONTACONTOS DÍA DA PAZ 4º INFANTIL"

O alumnado de 4º de Infantil desfrutou conxuntamente dunha contada do libro "Imaxinando un mundo novo" o Día da Paz.



17.1.25

"ESCOLA DE MAXIA"

Este mes celébrase o Día da Maxia e, para comezar, esta semana tivemos a presentación da "Escola de Maxia" no noso colexio, grazas ao noso Profe Fernando, MAGO CHIRLETA. Nesta ocasión foi o alumnado de 2º de Primaria o afortunado. Nos vindeiros días tamén desfrutará desta actividade o resto dos nosos alumn@s.