27.6.24

"EXPOSICIÓN VIRTUAL MUSEO TOD@S PINTAMOS MOITO"

Aquí vos deixamos un recorrido virtual polo noso museo "TOD@S PINTAMOS MOITO", que tivemos no noso colexio nas últimas semanas do curso.

Presentación con vídeo exposición virtual primaria
Presentación con vídeo exposición virtual infantil

E, tamén, as entrevistas que todos os nenos e nenas fixeron explicando o que aprenderon sobre a pintora ou pintor ao que dedicaron o seu proxecto.
ENTREVISTAS PINTORAS




24.6.24

"FELICES VACACIÓNS AOS NOS@S VOLUNTARI@S"

Unha vez máis, o equipo de Biblioteca quere agradecer aos nos@s voluntari@s a colaboración que nos prestaron durante todo o curso. Algúns e algunhas seguirán o vindeiro curso e a outr@s, que rematan a ensinanza de Primaria, queremos desexarlle moitísima sorte e que sigan desfrutando dos libros e a lectura. Entregámoslles un pequeno agasallo de recordo deste curso.


E tamén, unha representación do alumnado voluntario posou cos seus diplomas acreditativos do seu labor durante este curso.



16.6.24

"INAUGURACIÓN MUSEO TOD@S PINTAMOS MOITO"

Por fin chegou o día. O martes 11 de xuño inauguramos o noso Museo "Tod@s Pintamos Moito", onde todo o alumnado do noso colexio expón as obras elaboradas ao longo de todo o curso. 





9.6.24

“TOD@S PINTAMOS MOITO: 6º PRIMARIA”

O alumnado de 6º de primaria levou a cabo o produto final do seu proxecto sobre MON DEVANE, elaborando un graffiti na parede exterior da pista polideportiva do noso colexio.



TOD@S PINTAMOS MOITO

3.6.24

"P.D.I. TOD@S PINTAMOS MOITO. CREATIVIDADE EN INFANTIL"

O corredor e as aulas de Educación Infantil énchense de creacións pictóricas dos máis pequen@s, dentro do Proxecto TOD@S PINTAMOS MOITO. 

6º INFANTIL






2.6.24

"P.D.I. TOD@ PINTAMOS MOITO: 5º INFANTIL"

Os nenos e nenas de 5º de INFANTIL desfrutaron e aprenderon moito co proxecto TOD@S PINTAMOS MOITO, das pintoras Hilma Af Klint e Sonia Delaunay.


Presentación con vídeo IRVIARTE 4 anos

"P.D.I. TOD@S PINTAMOS MOITO: VISITA ANA FERREIRO 2º PRIMARIA"

Seguimos aprendendo de Arte grazas aos artistas que nos visitan dentro do no proxecto TOD@S PINTAMOS MOITO Neste caso, foron os alumnos e alumnas de 2º de Primaria os que recibiron a visita da ilustradora ANA FERREIRO.



"P.D.I. TOD@S PINTAMOS MOITO. PREPARANDO O NOSO GRAFFITI"

 Alumnado e profesorado de 6º de primaria preparan a parede exterior da pista polideportiva do noso colexio, para realizar o produto final do seu proxecto TOD@S PINTAMOS MOITO, sobre o pintor de graffiti ourensán MON DEVANE.

E uns días despois, así quedou o seu graffiti